O camiño privado en cuestión posúe varias cancelas e postes delimitando o terreo que van a dar ao Camiño Varredoira de titularidade público. Segundo os socialistas “comprobamos no catastro do concello a titularidade privada do camiño, así como testemuñamos en persoa a obra realizada por operarios do concello” engaden “o camiño privado posúe varios portais e postes que indican a totalidade do terreo privado”.
Para os socialistas non se trata dun feito illado xa que non hai moito tempo, o goberno municipal do PP tamén ordenou a operarios municipais asfaltar un camiño privado da parroquia de Cedeira ata a entrada da casa do devandito camiño.
Finalmente, os socialistas declaran “este tipo de accións son propias de aptitudes caciquiis. Lembrámoslle ao equipo de goberno municipal do PP que moitos camiños públicos do noso concello atópanse nunha situación lamentable pola falta de mantemento” i “esiximos responsabilidades neste asunto”.