Os socialistas de Redondela aletaron este martes que dende hai seis anos levan denunciando a tardanza na contratación dos socorristas que é xestionada polo Concello de Redondela a pesar de ser competencia da Xunta de Galicia. «Dita xestión dende que é realizada polo Goberno Municipal do PP non é efectiva ata primeiros de xullo. Cabe engadir, que Protección Civil facía servizo de apoio os fines de semana de xuño nas praias ata que chegou o PP e eliminoulles a función de apoio», señala el PSdeG.
Os socialistas declaran que “isto non é un feito illado, levamos seis anos avisando da falta de seguridade nas nosas praias» e engaden que “no 2015, non só denunciamos a tardanza na contratación, senón a falta de material que tiñan os socorristas para poder desenrolar a súa labor con seguridade xa que a mediados dese verán, a Praia de Cesantes posuía bandeira azul con reparos por parte da organización que outorga a bandeira ante as carencias de material dos socorristas”.
Neste mesmo sentido, os socialistas están alarmados ante o «desgoberno e irresponsabilidade coa que o PP está poñendo en risco ás persoas». O PSdeG considera que as declaracións públicas do alcalde, Javier Bas, asegurando que “estamos intentando que sexa así para evitar situacións como a rexistrada na Punta” ante a cuestión de reabrir o debate de adiantar a contratación de socorristas.
“Unha clara contradicción e falta de firmeza ante o proceso de contratación xa que cando denunciabamos a situación de perigosidade na que se atopaban as nosas praias no pasado ano que resultou a principios de xullo, o concelleiro de Interior do PP, Arturo González, considera que ‘non huobo retraso´ na contratación de persoal”, engaden os socialistas. “O PP non pode xogar coa seguridade e menos aínda cando xa está en perigo a vida das persoas”, afirman.
«A día de hoxe, hai unha clara e evidente falta de mantemento nas casetas de socorristas da praia tanto da de Cesantes como de Arealonga. Por non engadir que caeu parte do tellado da torre de vixiancia da Praia de Cesantes», conclúe o PSdeG.