22102019Mar
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 8pm

REDONDELA

O enfrontamento entre Feijóo e o cerco galego convértese en viral

O armador de Cesantes Antonio González 'Tonecho' e un dos protagonistas do vídeo no que entregan unha carta ó presidente da Xunta e que desata a discusión

11 Diciembre 2015 por
Antonio González 'Tonacho' (de barba no centro da imaxe) entrega unha carta ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Antonio González 'Tonacho' (de barba no centro da imaxe) entrega unha carta ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O sector do cerco en Galicia está en plenas protestas tras o recorte no reparto das cotas e xa levan máis dun mes de acampadas. 

Esta semana viviuse un novo capítulo co enfrontamento entre representantes de Acerga (patronal maioritaria do sector) é o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, que foi recollido nun vídeo subido no perfil de facebook do colectivo e que converteuse en viral. As 20:00 horas do xoves xa tiña 120.000 reproducións, 2.970 compartidas e case 200 comentarios. 

Unha representación do Acerga, encabezada polo seu presidente, o redondelán Antonio González 'Tonacho', fíxolle entrega na man ó mandatario da Xunta de Galicia un escrito coas súas reivindicacións e atopou a contestación do dirixente popular. As explicacións de Feijóo non convenceron á delegación de Acerga como se pode observar no vídeo

O presidente da Xunta fala dunha reunión con acordos (feita hai máis de dous anos e lonxe da problemática actual) e doutra asociación do sector (minoritaria e afín ó seu grupo político). A discusión produciuse no marco dun acto electoral co presidente e chegou tras varias tentativas da dirección de Acerga de atoparse con Alberto Núñez Feijóo.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos