12122019Jue
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9pm

Érguete organiza unha charla en Redondela “polo perigo das apostas entre a adolescencia”

A doutora en Psicoloxía e Investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, Patricia Gómez Salgado, impartirá a conferencia

12 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Protesta contra a apertura dunha casa de apostas, o pasado mes de outubro. / Foto: Coordinadora contra Casa de Apostas de Redondela Protesta contra a apertura dunha casa de apostas, o pasado mes de outubro. / Foto: Coordinadora contra Casa de Apostas de Redondela

A Fundación Érguete quere avisar do perigo de apostar na adolescencia nun contexto de auxe do xogo nas competicións deportivas debido a facilidade de apostar vía online ou física para rapaces e rapazas. Para concienciar e preparar ás familias sobre esta nova problemática, a asociación organiza este mércores ás 19.00 horas en Redondela unha charla interactiva impartida pola doutora en Psicoloxía e Investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, Patricia Gómez Salgado.

A especialista afondará nas motivacións para apostar, comparará comportamentos comúns cos de outras drogas e axudará as familias a identificar e previr a adición. A conferencia será unha actividade máis para axudar a unha veciñanza concienciada con este problema. A finais de outubro, centos de persoas se manifestaron en Redondela contra a apertura dunha casa de apostas a 200 metros dunha zona escolar do municipio. Participaron preto de 60 colectivos entre Anpas de colexios, asociacións culturais e deportivas, partidos políticos e sindicatos.

A charla interactiva forma parte Proxecto de Prevención de Drogodependencias e Condutas Aditivas da Xunta de Galicia no Concello de Redondela da que  se encarga a Asociación Érguete. Un dos programa que organiza é o chamado ‘Máis que un teito’, que consiste nun ciclo de conferencias dirixidas ás familias en diversos temas relativos a prevención.

Case un de cada catro adolescentes galegos menores de 18 anos apostaron  algunha vez na súa vida segundo o estudio ‘Menores e xogo na comunidade galega’, realizado durante o primeiro semestre deste ano polo equipo do profesor da USC Antonio Rial Boubeta. Ademais a investigación mostra que un 8% de menores recoñecen que apostaron durante o transcurso do último mes do estudo, o que revela que é unha práctica relativamente habitual para cerca de 10.000 menores en Galicia. Tamén recolle que un 226 % apostou de forma presencial (en bares, casas de apostas…) e o 7,1% a través da internet. Polo que apostan o triplo de menores de maneira presencial que online.

As modalidades de xogo máis habituais segundo o estudo, son as máquinas de apostas deportivas de bares e cafetería, ademais nun 80 % dos casos rexistrados non se pide identificación. Todo isto, provoca que case un de cada dez menores que apostan podería ter xa un problema de adición, o que supón un 2 % de toda a poboación adolescente galega.

Medios

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos