23072019Mar
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 8pm

O mercado de Chapela pechará ao público por reformas

Desde comezos de marzo a praza de abastos de Chapela está sendo remodelada para mellorar a imaxe, condicións e servizos no seu interior

21 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Mercado de Chapela./ Foto: construccionescastro.net Mercado de Chapela./ Foto: construccionescastro.net

O Concello de Redondela vese na obriga de pechar o mercado de Chapela durante uns días polas obras que se están acometendo no seu interior. O peche temporal está previsto para a vindeira semana, data na que comezarán os traballos de reposición do piso do edificio.

Desde comezos de marzo a praza de abastos de Chapela está sendo remodelada para mellorar a imaxe, condicións e servizos no seu interior.

As obras realízanse de tarde, noite, ou fin de semana, para así non entorpecer a vida diaria de venda. Non vai ser así coa instalación do novo piso, que obriga a cerrar uns días por mor do tipo de piso e secado do mesmo.

Os traballos que se están levando a cabo contan cun presuposto inicial duns 80.000 €. As actuacións consisten na construcción dun aseo adaptado, cambio de teito e iluminación, piso novo e instalacións novas de desagües, instalación de ventilación e adecentamento dos aseos xa existentes, entre outras.

Fai aproximadamente dous anos, xa se cambiou o tellado e se limpou toda a fachada e laterais do edificio. A imaxe da parte exterior mellorou considerablemente, algo que foi moi ben recibido, tanto polos praceiros como polos usuarios.

Agora, con estas obras, o Concello da resposta a unha demanda de moitos anos dos praceiros para seguir avanzando cara un mercado máis moderno e accesible.

Desde o Concello, o Concelleiro de Mercados e Feiras, Jesús Crespo, indicou que “esta praza vai levar un cambio importante e por iso animamos a unha vez rematadas as obras,os veciños se animen a ollar a nova cara da praza e ,como non, a mercar os productos que nela se ofrecen”.

Pola súa banda, o alcalde de Redondela, Javier Bas, quixo destacar o compromiso do Concello por ter “unhas instalacións en perfecto estado para promover e apoiar o mercado local de todo o municipio”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos