26042019Vie
Última edición: Jue, 25 Abr 2019 7pm

Redondela ‘importa’ a iniciativa de dar cor á vila con murais artísticos

O Concello propón cinco emprazamentos e busca implicar a particulares para decorar o exterior dos inmobles

06 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un dos lugares nos que se propuxo pintar un mural. / Foto: Concello de Redondela Un dos lugares nos que se propuxo pintar un mural. / Foto: Concello de Redondela

O Concello de Redondela tamén se apunta á iniciativa de dotar de vida os muros e edificios da vila mediante a proposta de plasmar neles obras artísticas que enchan de beleza a localidade e axuden a loitar contra o feísmo. Unha acción á que se están a sumar moitas cidades do mundo e que leva anos funcionando en Vigo.

O Goberno local informou este mércores de que xa mantivo unhas primeiras xuntanzas con “grafiteiros locais” en outubro de 2018 para propoñerlles esta idea,“que eles mesmos compartían”, e posteriormente reuniuse con algúns veciños para presentarlles os deseños e borradores existentes, de tal xeito que se poida actuar en propiedades privadas. Unha suxerencia que estes particulares están a valorar.

Ademais, chegouse a un acordo cos artistas para cederlles un muro do Concello e remitiuse unha solicitude de autorización ao Ministerio de Fomento para pintar catro muros da súa competencia. A este respecto, a administración municipal atópase á espera da autorización.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

fiesta

patrimonio

gastronomía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos