19022019Mar
Última edición: Mar, 19 Feb 2019 5pm

O Concello de Redondela veta unha presentación sobre o 8 de marzo no Multiusos

A presentación da publicación “Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo”, iniciativa da Deputación de Pontevedra, levarase a cabo no Pazo de Vilavella

05 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartaz da presentación. Cartaz da presentación.

A xira de presentación da publicación “Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo”, editada por Galaxia e froito da iniciativa da Deputación de Pontevedra, chega este xoves, 7 de febreiro, ás 20.00 horas a Redondela.

Tralo aprazamento do acto unha semana para evitar a súa coincidencia co pleno municipal e trala negativa do alcalde da vila, Javier Bas, a ceder un espazo no Multiusos de Redondela para acoller esta presentación, a Deputación de Pontevedra dará a coñecer a publicación no Pazo de Vilavella.

O goberno de Carmela Silva lamentou este martes que “as e os servidores públicos poñan trabas para espallar a igualdade entre a sociedade. É vergoñento que soamente tres días antes do acto, cando xa o tiñamos anunciado e difundido á opinión pública, cando ademais hai salas libres no Multiusos, o alcalde Javier Bas nos negue un espazo público para presentar esta obra. Agora non será nun espazo público pero farémolo. Este xoves ás 20.00 horas no Pazo de Vilavella de Redondela presentaremos “Oito olladas”, porque non queremos que a actitude sectaria do Partido Popular nos impida estender os principios da igualdade entre a veciñanza do concello”.

“Oito olladas sobre a Folga Feminista do 8 de marzo” trátase dunha publicación coordinada por Inma López Silva que recompila as reflexións e vivencias de oito mulleres sobre a histórica xornada do pasado 8 M e sobre as súas propias experiencias de ser muller nunha sociedade machista. Máis polo miúdo, nesta obra colectiva recóllense as olladas de López Silva pero tamén da xuíza Paz Filgueira, da matrona Susana Iglesias, a xornalista Susana Pedreira, a profesora e fotógrafa Ana Fresco, a funcionaria Sarai González, a estudante Sandra Núñez e a libreira Mercedes Corbillón. Tres delas, Susana Pedreira, Ana Fresco e Sarai González, estarán este xoves a partir das 20.00 horas no Pazo Vilavella xunto a Inma López Silva e á presidenta da Deputación Carmela Silva.

A obra “Oito olladas sobre a folga feminista” está colleitando un notable éxito e xa vai pola súa segunda edición. Para dala a coñecer entre a cidadanía, a institución provincial está realizando unha xira de presentación por toda a provincia que pasou xa por Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Baiona congregando unha elevada afluencia de público. Esta semana a xira chega a Redondela e continuará nas vindeiras por Salceda de Caselas, Ponteareas e Bueu.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

música

conferencia

transporte

'phising'

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos