18042019Jue
Última edición: Jue, 18 Abr 2019 7pm

emprego

Redondela busca electricistas, peóns, barredores, guías e traballadores sociais

O Concello ofrece contratos a 23 persoas durante 5 meses en áreas municipais como Servizos Sociais e Obras

30 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Casa do Concello. / Foto: redondela.gal Casa do Concello. / Foto: redondela.gal

O Concello de Redondela levará a cabo a contratación de 23 persoas para traballar nas áreas municipais que melloran directamente a calidade de vida dos redondeláns. Esta contratación correspóndese á solicitude que levou a cabo o Concello a través do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación Provincial.

Co obxectivo de impulsar a creación de emprego na vila e contribuir á economía local, o Concello vén de decidir que as achegas da subvención se invirtan na contratación de persoal para dar un mellor servizo aos cidadáns de Redondela. Polo tanto, crearanse 23 novos postos de traballo na vila.

Os postos de traballo distribúense da seguinte maneira: 6 peóns desbrozadores, 4 barredores, 2 axudantes de servizos en actuacións eléctricas, 5 guías turísticos, 2 traballadores sociais e 4 axudantes de servizos de pavillóns. Todos eles traballarán durante un período laboral de 5 meses. A súa actividade estará orientada principalmente ao reforzo de áreas importantes como son Servizos Sociais e Obras.

Cabe destacar que o Concello levará a cabo a contratación establecendo un criterio de equiparación salarial destes 23 novos traballadores temporais en relación ao persoal do Concello. Deste xeito, establécese que o persoal contratado vaia cobrar exactamente a mesma cantidade que cobra un traballador do Concello na mesma categoría profesional.

Para a corporación municipal isto supón un “avance fundamental na creación de benestar social na vila de Redondela e para fomentar a creación de emprego de calidade”.

A contratación do persoal está prevista para o primeiro semestre do 2019. Aínda así, para iniciar o proceso de selección, que se fará a través do Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia en Redondela, o Concello está á espera da resolución e aprobación da axuda solicitada.

9 comentarios

  • Pepa Viernes, 01 Febrero 2019 11:28 publicado por Pepa Enlace al Comentario

    Hola:
    Non sei moi ben como vai, pero habitualmente estos plans están dirixidos a xente que vive en Redondela e está anotada na oficina de emprego alí.
    Podedes preguntar supoño.

  • Miguel López Fernández Viernes, 01 Febrero 2019 01:21 publicado por Miguel López Fernández Enlace al Comentario

    Como tengo que hacer para el puesto de peon

  • Patricia Amoedo Piedras Jueves, 31 Enero 2019 22:52 publicado por Patricia Amoedo Piedras Enlace al Comentario

    Que teño que facer pra o posto de barrendeira

  • Patricia Amoedo Piedras Jueves, 31 Enero 2019 22:50 publicado por Patricia Amoedo Piedras Enlace al Comentario

    Que teño que facer pra o posto de barrendeira

  • Patricia Amoedo Piedras Jueves, 31 Enero 2019 22:50 publicado por Patricia Amoedo Piedras Enlace al Comentario

    Que teño que facer pra o posto de barrendeira

  • Patricia Amoedo Piedras Jueves, 31 Enero 2019 22:49 publicado por Patricia Amoedo Piedras Enlace al Comentario

    Que teño que facer pra o posto de barrendeira

  • Diego Jueves, 31 Enero 2019 21:53 publicado por Diego Enlace al Comentario

    Como tengo que hacer para el puesto de peon

  • Diego Martínez Figueroa Jueves, 31 Enero 2019 21:51 publicado por Diego Martínez Figueroa Enlace al Comentario

    Me interesa el de barrendero para empezar xa

  • Noelia Jueves, 31 Enero 2019 09:39 publicado por Noelia Enlace al Comentario

    Buenos dias Que teño que facer para o de barrendeiro

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

ocio

rodaje

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos