11122019Mié
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 6pm

plan concellos

A comarca de Vigo recibirá no 2017 máis de 5 millóns do "Plan Concellos"

A Deputación de Pontevedra aumenta en 280.383,04 €, un 5,82% máis que co “Plan Concellos 2016”, a contía destinada á comarca de Vigo

04 Diciembre 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Carmela Silva e César Mosquera. / Foto: @depo_es Carmela Silva e César Mosquera. / Foto: @depo_es

Os concellos da comarca de Vigo recibirán no 2017 do “Plan Concellos 2017” a cantidade de 5.098.551,46 €, o que supón máis de 280.383,04 € sobre as cifras que percibiron da Deputación de Pontevedra no marco do plan anterior. En concreto co novo “Plan Concellos 2017” os sete concellos da comarca (Soutomaior, Fornelos de Montes, Redondela, Pazos de Borbén, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas) reciben un 5,82% máis que o ano 2016, que xa subira con respecto ó 2015 un 27,30%.

O Plan Concellos 2017 ten como principais novidades que vai contar con 1,2 millóns máis que na súa edición de 2016, achegándose aos 41,2 millóns de euros, un 3% máis. Tamén vai a aumentar a autonomía dos concellos á hora de decidir as súas prioridades de inversión e o mesmo tempo vai primar as axudas aos concellos máis pequenos da provincia de Pontevedra. Estes son os tres eixos das reformas introducidas no Plan Concellos para o próximo ano, presentadas este venres en rolda de prensa pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera.

Carmela Silva subliñou que esta nova edición do plan concellos mantén a liña de impulsar a xestión municipal, “promovendo o desenvolvemento económico e a creación de emprego como bases fundamentais para o seu crecemento”. A Presidenta da Deputación destacou que para 2017 ímonos dedicar de xeito especial aos concellos máis pequenos, aos que dende a institución provincial “temos que garantir que poidan prestar os servizos e actividades da súa competencia”.

Por elo establécese un novo reparto da cantidade total dos 41.200.000 millóns de euros con que contará en 2017. Os concellos de menos de dez mil habitantes disporán de 18,2 millóns de euros. Os comprendidos entre os dez mil e vinte mil habitantes disporán de 14,1 millóns e os de máis de vinte mil disporán de 8,9 millóns de euros.

En termos porcentuais os de menos de dez mil habitantes experimentan un incremento do cinco por cento con respecto a 2016. Os comprendidos entre os dez mil e vinte mil, o incremento será do 3,7 por cento e os de máis de vinte mil sofren un lixeiro reaxuste do 1,8 por cento sobre o ano 2016.

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, salientou na súa intervención o bo funcionamento deste Plan Concellos dende a súa xestación e, que incluso, provocou que outras deputacións formularan un sistema similar ao empregado en Pontevedra. “Basicamente o plan concellos é igual que o do ano pasado ao que fixemos algúns pequenos axustes propios do desenvolvemento do propio Plan”, sinalou Mosquera.

Segundo explicou Carmela Silva as cantidades entre os tres grupos de concellos se reparten entre un parte fixa e outra variable. A parte fixa ascende ao 40 por cento do Plan e a variable o sesenta restante. A novidade no plan do 2017 é que se para 2016 priorizouse o financiamento dos concellos máis pequenos coa introdución de criterios que corrixían as diferenzas poboacionais e espaciais primando a necesidade de atención aos núcleos de poboación, para o próximo ano engádase ao cálculo de reparto o peso da variable da densidade poboacional permitindo aínda un maior acercamento as singularidades de cada un dos concellos. Para a Presidenta esta pequena modificación trata de corrixir os erros detectados pola mala información do INE sobre os núcleos de cada concello que provocou diferenzas nas cantidades percibidas por algúns concellos. O resto dos criterios mantense como no 2016 (poboación, superficie, e o número de núcleos de poboación en cada concello).

A Presidenta da Deputación subliñou que os concellos con menos de 20.000 habitantes reciben máis do 78% do total do Plan Concellos de 2017, tres puntos máis que no 2016 que foi do 75 por cento.

A outra gran novidade do Plan Concellos 2017 é que se simplifican as catro liñas de actuación da edición de 2016 en só tres liñas. A liña un dedicada aos investimentos supón un 62,5% do total do Plan. Está dotada de 25.750.000 euros fronte a los 25 millóns de 2016.

A liña dous está dedicada a amortización, pago de débeda e gasto corrente. É un quince por cento do total o que supón 6.180.000 euros.

A última liña é a tres, dedicada a emprego, que supón o 22,5 por cento do total e conta con 9.270.000 euros. Dentro das bases do Plan Concellos estipularase que os salarios que se abonen polos entidades locais terán que ser como mínimo o Salario Mínimo Interprofesional (SMI), que “como vostedes saben vai subir un 8 por cento para o 2017”. Esta liña supuxo o ano pasado a contratación de 1.160 persoas para servizos municipais, segundo destacou Carmela Silva.

A liña que no 2016 estivo dedicada a actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais queda garantida. Carmela Silva indicou que, a petición dos concellos, para o 2017 estas actividades, se incorporan ás liñas 1 e 2 do plan concellos e tamén vanse cubrir por convocatorias de subvencións en concorrencia competitiva por as áreas do goberno provincial (igualdade, turismo, medio ambiente e cultura).

Por último, a Presidenta da Deputación concluíu que no procedemento de tramitación destas axudas do Plan Concellos 2017 engádase unha condición para gañar axilización nas notificacións. Pódense notificar o mesmo día de asinar a Resolución ou adoptar o Acordo. Deste xeito se reduce o tempo no que o concello coñece a aprobación da súa solicitude, e pode avanzar na preparación da documentación ou contratación de obras e subministracións.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

laboral

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos