• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 14 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Comeza o programa da Deputación «En Ruta coa Depo»

    En total están a participar preto de 600 persoas procedentes de seis concellos da provincia en rutas por Cambados, a Illa da Toxa e O Grove, Soutomaior, Redondela e San Simón, e as Illas Cíes
    Redacción por Redacción
    21 de Ago, 2017
    en Redondela
    0
    Comeza o programa da Deputación «En Ruta coa Depo»

    Un grupo de 60 persoas procedentes de Redondela, da Asociación Cidadelle, realizaron hoxe unha ruta por Cambados, visitando o Museo etnográfico do viño de Cambados, as Ruínas de Santa Mariña, o Casco histórico de Cambados, o Pazo de Fefiñáns e o Muíño das Mareas. Pola súa banda, un grupo de 110 persoas do Centro recreativo de Torroso en Mos realizaron tamén durante esta xornada unha ruta pola Ría de Arousa, visitando a Illa da Toxa, O Grove, o museo da Salazón, o xacemento da Lanzada e percorrendo en catamarán a Ría de Arousa. Esta mesma ruta foi a elixida por un grupo de tamén 110 persoas do Club de Xubilados e Pensionistas Nosa Señora do Carme de Moaña.

    Máis de 108 persoas da Asociación Beade de Vigo realizarán mañá unha ruta pola Ría de Arousa, visitando a Illa da Toxa, percorrendo a ría en catamarán, coñecendo os atractivos turísticos do Grove, o museo da Salazón e o xacemento da Lanzada. Pola súa banda, un grupo de 90 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Eira de Vigo terán a oportunidade de visitar tamén mañá os concellos de Redondela e Soutomaior, con visita á Illa de San Simón e ao Museo Meirande , percorrendo Ponte Sampaio e o Castelo de Soutomaior.

    Xa para a xornada do luns, un grupo de 55 persoas do Club de Pensionistas de Sanxenxo e outro de 53 da Asociación Ardefur de Cuntis partirán cara as Illas Cíes

    “En ruta coa Depo” pretende crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Amais, o programa ten por obxectivos impulsar actividades alternativas para o tempo de lecer xuvenil, promovendo o asociacionismo entre a xuventude e o ocio dinámico e saudable, así como rutas específicas onde nais, pais, titoras e titores poidan gozar coas nenas e os nenos dun ocio común, san, alternativo e divertido que faga doada a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias estivais.

    A Deputación achega a este programa 260.000 €, 21.500 máis que o ano pasado, e oferta por vez primeira 400 prazas gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. En total, “En ruta coa Depo” consta de 32 alternativas divididas en rutas temáticas, culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais.

    As rutas temáticas do programa “En Ruta coa Depo” ofertan seis alternativas para as entidades. A primeira delas, denominada camelias do Sur, percorre o Parque Quiñones de León e do Castro en Vigo e o Castelo de Soutomaior. A segunda alternativa, camelias señoriais, descorre polos Pazo de Lourizán, Gandarón e Oca na Estrada. A terceira ruta, denominada camelias do mar, achega ás persoas participantes ós Pazos de Rubiáns, A Saleta e Quinteiro da Cruz. A cuarta alternativa, denominada prehistoria, percorre os concellos de Vilaboa, Moaña e Redondela. A quinta alternativa temática, tamén denominada prehistoria, traslada ás entidades ata Poio e Marín. A última ruta temática permite ás persoas participantes no programa descubrir algúns dos edificios da Deputación de Pontevedra.

    En canto ás rutas culturais trátanse de 13 alternativas que permiten coñecer os principais atractivos turísticos de concellos como Cambados; Salvaterra de Miño e Arbo; Cuntis e Caldas de Reis; Cangas e Bueu; Silleda; Agolada e Vila de Cruces; Lalín; Meis; A Guarda, Tomiño e Tui; Barro, Portas, Valga e Catoira; Ponteareas, Mondariz Balneario e Mondariz; Moaña e Vilaboa e A Cañiza e Covelo.

    Pola súa banda a Deputación oferta catro alternativas marítimas. A primeira delas por Arousa, a segunda alternativa consiste na visita á Illa de San Simón, ó Museo Meirande e ao Castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio. A terceira ruta marítima levará ás entidades ata as Illas Cíes así como ata o conxunto histórico de Vigo e o barrio mariñeiro do Berbés e a última alternativa achegará ás persoas participantes ata a Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo.

    As rutas adaptadas ofertan tres alternativas para persoas con mobilidade reducida. A primeira delas por Vigo, a segunda alternativa, por Baiona e o seu conxunto histórico e a última por Pontevedra.

    En canto ás rutas dinámicas a Deputación de Pontevedra propón tres ofertas. A primeira delas en Nigrán, realizando surf ou kaiak nas praias de Patos e A Madorra e incluíndo visita ó templo votivo e o arco de Panxón, ó faro de Punta Lameda e ó miradoiro de Monteferro. A segunda ruta, polo Morrazo, levará ás persoas participantes ata a praia de Liméns para montar en kaiak e percorrerá a costa da Vela, Cabo Home, as praia de Melide e Barra e O Facho. A última das alternativas dinámicas é pola Illa de Arousa, facendo surf e remo, así como percorrendo a ruta dos Cons, o miradoiro de Con do Forno e o espazo natural do Carreirón.

    Pola súa parte, entre as rutas interxeracionais a Deputación de Pontevedra oferta tres modalidades do programa “En ruta coa Depo”. A primeira delas discorre por Pontevedra e Marín, visitando a senda do río Lérez, Apípolis, a Granxa de Briz, o lago de Castiñeiras e o Ecoparque. A segunda alternativa leva ás entidades ata Barro, Campo Lameiro e Valga, visitando o Parque da Natureza do Río Barosa, o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre así como as fervenzas de Raxoi e Pedrafita e a praia fluvial de Ponte Valga. A última das rutas, por Vigo, transcorre polo parque do Castro, Vigozoo e a ruta etnográfica de Zamáns.

    En total, está previsto que a través deste programa promovido por Cohesión Social e Xuventude, participen preto de 20.000 persoas, 1.000 máis que o ano pasado, pertencentes a 300 entidades da provincia de Pontevedra.

    43

    RelacionadosArtículos

    Salen a la venta este miércoles las entradas del concierto de Luz Casal en Vigo
    Música

    Nuevo concierto de Luz Casal en Vigo

    13 de Dic, 2025
    De camino a Valencia los diez policías locales de Vigo que ayudarán en las tareas de rescate
    Local

    La Policía Local, sobrepasada por la Navidad y el problema endémico de la falta de efectivos

    13 de Dic, 2025
    Aprender a buscarnos en medio de la nada gracias al planetario más antiguo de España
    Local

    Aprender a buscarnos en medio de la nada gracias al planetario más antiguo de España

    13 de Dic, 2025
    Los soldados imperiales regresan a la Estrella de la Muerte de Vigo por Navidad
    Local

    Los soldados imperiales regresan a la Estrella de la Muerte de Vigo por Navidad

    13 de Dic, 2025
    Jethro Tull regresa a Vigo
    Música

    Jethro Tull regresa a Vigo

    13 de Dic, 2025
    Denuncian el impacto negativo que la Navidad de Vigo tiene en la vida de las personas
    Local

    Denuncian el impacto negativo que la Navidad de Vigo tiene en la vida de las personas

    13 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    Unas antiguas oficinas de 860 metros que el Estado tenía en Vigo se transformarán en seis nuevas viviendas

    por Redacción
    12 de Dic, 2025
    0

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    La inauguración de la primera cabina de teléfono en Vigo

    por Julio Alonso
    10 de Dic, 2025
    0

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    Un muerto y tres heridos en una colisión entre dos coches en Redondela

    por Europa Press
    11 de Dic, 2025
    0

    Colapso de tráfico en la Avenida de Madrid con tiempos de espera de más de 10 minutos

    Las obras de humanización de la Avenida de Madrid se prolongarán al menos cuatro meses

    por Redacción
    12 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Más de un mes sin recoger
    Más Vigo

    Más de un mes sin recoger

    Estos escombros que se observan en la imagen llevan varios meses abandonados. Están olvidados en la céntrica Avenida Camelias, de...

    por Julio Alonso
    13 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras publicados en noviembre que no te puedes perder

    Encaramos el final de este 2025 con unas cuantas novedades literarias de lo más interesantes. ¿Las repasas conmigo? 1) Historias...

    por Gabriel Romero de Ávila
    09 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza
    Opinión

    De la película Nüremberg al Genocidio de Gaza

    Disclaimer. Si aún no has visto la película y tienes intención de verla, no sigas leyendo. Fui a ver esta...

    por Alba García Moreira
    09 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR