13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Primeiro concerto na nova 'Casa da Música' de As Neves

As obras consistiron na construción dun novo volume anexo ao centro polo escenario, con destino a camerino e almacén, cun acceso independente ao edificio e que serve de complemento ao salón de actos.

29 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Concerto na Casa da Música de As Neves. Concerto na Casa da Música de As Neves.

A ‘Casa da Música’ de Rubiós acolleu a primeira actuación logo dunha completa reforma que vén de adaptar a mesma ás necesidades contemporáneas.

A este primeiro concerto, acompañando ás veciñas e veciños de As Neves, acudiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, xunto co resto dos membros do Goberno municipal.

Carmela Silva salientou o seu compromiso e o da Deputación na “mellora das infraestruturas culturais dos concellos da provincia” dentro do obxectivo de potenciar o equilibrio entre eles e, subliñou,“porque os e as cidadáns dos concellos da provincia, vivan onde vivan, teñen as mesmas necesidades e os mesmos dereitos”.

O alcalde asegurou que a nova ‘Casa da Música’ é “unha obra excelente porque tamén é excelente o é o traballo dos membros da banda e da escola de música”. Xosé Manuel Rodríguez Méndez amosouse confiado en que “estea á altura dunha tradición que hai en Rubiós, a parroquia da música de As Neves dende hai máis de 135 anos”.

Rodríguez Méndez engadiu que a reforma responde a unha necesidade da sociedade, posto que esta nova ‘casa’ de As Neves cumpre unha dupla finalidade: “albergar á banda de música, albergar as ensinanzas musicais e servir, ademáis, ás necesidades da parroquia”.

IMG 9129

400.000€ de inversión

Os traballos, que van permitir reforzar o uso destas instalacións para actividades culturais diversas conclúen un proxecto financiado pola Deputación, ao abeiro do Plan de Reequilibrio e o Plan Concellos 2018-2019, no que o investimento final foi de 401.435€.

Máis polo miúdo, as obras consistiron na construción dun novo volume anexo ao centro polo escenario, con destino a camerino e almacén, cun acceso independente ao edificio e que serve de complemento ao salón de actos.

Do mesmo xeito, se habilitou un novo corredor que posibilitará no futuro a unión do vestíbulo do centro cultural coa antiga casa dos mestres e co novo volume dos camerinos, mellorando a accesibilidade entre ambos espazos. E, no eixo deste corredor, creáronse tres novas salas polivalentes. O conxunto ten tamén un novo acceso polo norte, cunha parcela que se acondicionou como aparcamento.

O novo edificio desenvólvese nunha única planta, dun xeito funcional e accesible. Os novos volumes foron executados en formigón armado visto, con grandes panos acristalados que matizan as unións entre eles.

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos