13122019Vie
Última edición: Jue, 12 Dic 2019 9pm

Salvaterra, As Neves e Ponteareas xa poden empregar a renovada EP-4006

A reforma da estrada, que abrangue 13 quilómetros, puxo especial énfase na seguridade

12 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
SIlva e os alcaldes cruzan un paso de peóns da estrada. / Foto: Deputación de Pontevedra SIlva e os alcaldes cruzan un paso de peóns da estrada. / Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, o de Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitaron este xoves a renovada EP 4006 que transcorre por este tres municipios. A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000 euros, segue os principios de mobilidade centrados na recuperación do espazo público para as persoas.

A reforma da EP-4006 abrangue case 13 quilómetros dunha vía que articula esta parte tan importante do territorio e que enlaza coa autovía A-52. En concreto, a obra consistiu no fresado e reposición de firme en varios treitos da estrada (49.425 metros cadrados), para o que se necesitaron unhas 5.800 toneladas de formigón bituminoso, 290 toneladas de betún asfáltico, e na execución de microaglomerado en frío (48.300 m2). Amais tamén se levou a cabo o pintado da estrada, renovouse a sinalización horizontal e impulsáronse actuacións do Plan Móvese.

Silva asegurou que a estrada aposta polo modelo de mobilidade e seguranza viaria da Deputación de Pontevedra. “É unha obriga ética das administracións recuperar o espazo público para as persoas e situalas no centro das decisións”, destacou a presidenta provincial. Deste xeito, tal e como afondou Silva, o modelo de mobilidade da Deputación céntrase na seguridade das persoas, no calmado do tráfico e no compromiso co planeta. “Ao ano no mundo morren 7 millóns de persoas por contaminación atmosférica así que dende o local temos que tomar medidas e manter un compromiso firme co planeta”, destacou a presidenta.

Pola súa banda o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, destacou a importancia da actuación desenvolvida para a seguridade da xente e a redución da velocidade dos vehículos. Tamén neste aspecto incidiu o alcalde das Neves quen aproveitou para agradecer á Deputación “o seu interese por esta zona do sur, xa que o equilibrio é necesario en todo o territorio”. Finalmente, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, amais de insistir na seguranza viaria tamén subliñou a repercusión medioambiental da actuación, “xa que a redución da velocidade implica que contaminemos menos”.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

accidente laboral

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos