14112019Jue
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 8pm

O Concello das Neves pon en marcha o proceso de selección de 17 traballadores

Este persoal engadirase aos doce desempregados xa contratados este ano

16 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Casa consistorial de As Neves. Casa consistorial de As Neves.

Un total de 29 persoas en situación desemprego traballarán este ano no Concello das Neves a través contratos de entre tres e dez meses de duración. Trátase de incorporacións de diferentes perfís profesionais, dos que unha ducia xa están a facer labores para a administración municipal.

Con cargo a fondos propios, o Concello xa contratou a dous limpadores para locais e inmobles. Con axudas e subvencións doutras administracións, principalmente da Deputación de Pontevedra, o consistorio puido asinar contratos para cubrir oito postos de peóns de obras e forestais, que están a traballar con contratos de dez meses a xornada completa, un ordenanza-bedel e un operador de maquinara, polo mesmo tempo e tamén durante toda a xornada.

Ademais, xa está en marcha o proceso de contratación de dous fontaneiros, dous peóns de obras, catro peóns forestais, un oficial de obras, un de xardinería, un responsable de biblioteca, un chofer de camión con carné C+E, tres condutores de motobomba e dous socorristas para as piscinas municipais.

As persoas interesadas en optar a estes postos, de duración diversa, poden consultar as bases, condicións e prazos entrando na páxina web do Concello, www.asneves.gal.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

sucesos

virales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos