26042019Vie
Última edición: Jue, 25 Abr 2019 7pm

Voluntarios plantan 8.500 árbores nas Neves dentro do proxecto "Renacer das cinzas"

Nun primeiro momento os traballos centráronse nas tarefas de limpeza

09 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Voluntarios plantando árbores. Foto/: Concello As Neves Voluntarios plantando árbores. Foto/: Concello As Neves

Este sábado, día 9, e o domingo, 10 de febreiro, centos de voluntarios están nas Neves para plantar 8.500 árbores. Trátase da segunda parte da reforestación, dentro do proxecto ‘Renacer das cinzas’, impulsado polo Concello da man da empresa de complementos de madeira sostibles ONE OAK.

O pasado mes de novembro, unhas de 200 persoas plantaron os primeiros 1.500 castiñeiros, freixos e bidueiros, dos 10.000 en total para crear un “cortalunes verde” na ribeira do Miño, a zona pola que entraron as lapas que queimaron o 90% da superficie das Neves en outubro de 2017.

O punto de encontro para as persoas que vaian a participar na plantación estará no Torreiro de Vide, ás 9 da mañá; ás 11 haberá unha parada para coller forzas cun ‘bocata’ e está previsto que a xornada remate ás 2 da tarde. O Concello terá aberto o Pavillón Municipal para aqueles que precisen usar as duchas e os vestiarios.

“Renacer das Cinzas”, coma sinalaron no seu día o alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, e Guillermo Iñiguez, co-fundador de ONE OAK, ten coma finalidade a de responder á desoladora situación que deixara o lume, con máis de 5.000 hectáreas queimadas. Nun primeiro momento os traballos centráronse nas tarefas de limpeza, pero agora As Neves van rexurdir e as súas veciñas e veciños, coa axuda dos voluntarios van facer agromar o bosque autóctono de máis dun milleiro de anos de antigüidade que poboaba este concello.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

fiesta

patrimonio

gastronomía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos