18122018Mar
Última edición: Mar, 18 Dic 2018 12pm

O BNG urxe investir na rede ferroviaria tras suspenderse a circulación en Arbo

A formación nacionalista critica o “mal estado” das infraestruturas despois de que un movemento de terras provocara a eliminación dos viaxes entre Vigo e Ourense durante dez días

13 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un tren en dirección a Vigo. / Foto: Arquivo Un tren en dirección a Vigo. / Foto: Arquivo

O BNG lanzou este martes un chamamento de urxencia para que o Goberno español invista na rede ferroviaria galega despois de que un movemento de terras en Arbo provocara a suspensión do tránsito ferroviario. Este corte, que se prolongará durante dez días, suporá a supresión de 16 conexións diarias entre Vigo con Ourense, a meseta, Bilbao e Barcelona.

 

“Esta situación pon en evidencia o mal estado da infraestrutura, a falla de investimentos nos últimos anos, e o feito de que temos un tren do século XIX” denunciou o deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Luís Bará.

Nese sentido, Bará anunciou que a fronte nacionalista presentará na cámara galega novas iniciativas para urxir investimentos que “melloren a rede ferroviaria, aposten na conexión con Portugal a través da saída sur e resolvan o feito de que o tren continúe a pasar por medio da vila do Porriño”.

“Temos un moi mal servizo de comunicación ferroviaria, en frecuencias e horarios e tamén en tempos de viaxe” valorizou o deputado. “Seguimos chegando antes en autobus que en tren”, remachou.

Tren estratéxico para Vigo
Para o BNG a potenciación do tren de proximidade e unha mellora substancial das conexións de media distancia son factores esenciais para un política de mobilidade sustentábel e que vertebre o territorio.

A este respecto, o responsable local do BNG de Vigo, Serafín Otero, reclamou “compromisos reais e efectivos” por parte do Goberno español e da Xunta de Galiza para reforzar o tren. “Se dedicaran a metade do esforzo que gastan en propaganda do AVE -que non da chegado- en poñer recursos e medios para mellorar a conexión por tren Galicia seríamos unha potencia ferroviaria”, ironizou Otero.

En opinión do dirixente nacionalista para a cidade de Vigo “unha mellor conexión ferroviaria e, especialmente, a saída sur” é algo “estratéxico”. Igualmente, volveu urxir a posta en marcha da estación intermodal na nova estación “inda por rematar”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vuelos

navidad

sucesos

celta

conflicto

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos