• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 17 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Castelo de Sobroso xa visualiza a súa musealización

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, supervisan a innovadora intervención da fortaleza
    Redacción por Redacción
    03 de Mar, 2022
    en Comarcas
    0
    O Castelo de Sobroso xa visualiza a súa musealización

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Ponteareas , Cristina Fernández, visitaron nas últimas horas o Castelo de Sobroso. / Fotos: Deputación

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, visitaron nas últimas horas o Castelo de Sobroso para supervisar as accións de musealización que entran na súa recta final cun renovado discurso museístico apoiado na dixitalización.Alí puideron comprobar a nova adecuación das estancias do Castelo a un espazo que cumpre unha dobre función: poñer en valor os recursos da comarca e ofrecer unha experiencia singular ás persoas visitantes a través das TIC. A obra está a ser realizada pola empresa Intervento tras ser adxudicada por importe de 216,224.05€.

    Esta innovadora experiencia esta baseada nunha intervención vivencial, con diferentes producións audiovisuais e tendo en conta, por un lado, a estrutura arquitectónica do Castelo que sufriu múltiples modificacións froito de acontecementos históricos relevantes en Galicia e na comarca e, por outro lado, na importancia dos feitos acontecidos no Castelo e das personaxes vinculadas á fortaleza das que pouco se contou ata agora. Así, as persoas visitantes poderán descubrir a relación da raíña Urraca ou a raíña Isabel de Portugal co Castelo de Sobroso, ou o papel do xornalista Alejo Carrera na súa rehabilitación como espazo residencial na primeira metade do século XX.

    Por iso, deseñouse unha intervención pioneira de musealización, onde en cada espazo as persoas visitantes serán sorprendidas por un espectáculo audiovisual diferente, onde as personaxes e sensacións tomarán o protagonismo para revivir diferentes historias ao longo de toda a visita e mantendo dous fitos no relato como é a recuperación da tradición oral entorno ao Castelo e á contorna.

    As propias estancias do recinto histórico foron adecuadas para recibir ás persoas visitantes nun espazo no que se referencia a paisaxe e os recursos da comarca como o Balneario de Mondariz, A Franqueira ou o Castro de Troña, e a partir de aí percorrer as salas coas seguintes temáticas: a historia do Castelo e as persoas habitantes; o Castelo protagonista da historia; o Castelo da destrución á recuperación; os seres máxicos e a auga no Castelo; a pegada dos canteiros no Castelo e o Castelo escenario de cantigas e trobadores. A visita finalizará nas terrazas da fortaleza situando as persoas visitantes na comarca e nos recursos da mesma aproveitando unha panorámica única.

    Visita programada e adaptada a todos os públicos

    A visita está pensada para grupos reducidos de ata 15 persoas como máximo, acompañadas dun guía que, mediante unha tableta dixital, activará e desactivará os diferentes espectáculos audiovisuais en forma de caixas máxicas, videomapping, xogos de luz e son, que se desenvolven nas distintas salas do castelo, e elixirá o idioma correspondente á visita (galego, castelán ou inglés). Amais, explicará os detalles históricos e anécdotas do edificio e das persoas que o habitaron adaptada tanto a visitas escolares cun carácter máis pedagóxico como a público familiar cun carácter máis lúdico. Esta musealización será ademais complementada con actividades musicais, teatrais e divulgativas ao longo do ano.

    O obxectivo da Deputación de Pontevedra e do concello de Ponteareas é ultimar os detalles e a posta a punto do edificio e do bosque activando así un novo atractivo turístico para a provincia e, de maneira significativa, para a comarca do Condado-Paradanta. A institución provincial organizará a principios do mes de abril unha primeira visita ao Castelo xa musealizado cos medios de comunicación, para realizar posteriormente a inauguración oficial.

    Tras esta intervención a provincia de Pontevedra converterase no único destino galego con espazos fortificados musealizados e adaptados ás novas tecnoloxías atraendo así a visitantes que demandan experiencias únicas.

    43

    Tags: Carmela SilvaCastelo de SobrosoDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación
    Mondariz

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación

    06 de May, 2025
    Diputación y Concello de A Guarda firman el convenio para rehabilitar la piscina municipal
    A Guarda

    Diputación y Concello de A Guarda firman el convenio para rehabilitar la piscina municipal

    04 de May, 2025
    Caballero, sobre la vivienda en Navia: «Tienen que decir quién paga porque viene del Gobierno de España»
    Local

    Caballero exige a la Diputación más dinero en inversiones, pero «esconde» sus obras

    04 de Abr, 2025
    La Diputación abre el plazo de inscripción de los premios de diseño Xuventude en E-maxes
    Actualidad

    La Diputación abre el plazo de inscripción de los premios de diseño Xuventude en E-maxes

    30 de Mar, 2025
    La Diputación moviliza 4,3 millones de euros en inversiones en la provincia
    Comarcas

    La Diputación moviliza 4,3 millones de euros en inversiones en la provincia

    21 de Mar, 2025
    O Castelo de Soutomaior, protagonista das Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia
    Comarcas

    O Castelo de Soutomaior recibiu 1.600 visitantes en febreiro e programa máis actividades este marzo

    11 de Mar, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Vecinos de Vigo y de su área, sorprendidos por el vuelo rasante de un helicóptero durante el fin de semana

    Vecinos de Vigo y de su área, sorprendidos por el vuelo rasante de un helicóptero durante el fin de semana

    por Redacción
    11 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Paso al frente para recuperar la cafetería con las mejores vistas de Vigo

    Paso al frente para recuperar la cafetería con las mejores vistas de Vigo

    por Andrea Mariño
    13 de May, 2025
    0

    180917 Zonas Verdes 1

    Nueva sentencia contra el Concello: condenado a pagar 900.000 euros a la empresa que mantiene las zonas verdes de Vigo

    por Redacción
    12 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Vandalismo sin remedio
    Más Vigo

    Vandalismo sin remedio

    Este no es el único ejemplo de vandalismo urbano. Existe en todas las poblaciones y la ciudad de Vigo tampoco...

    por Julio Alonso
    16 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Reciclado selectivo
    Más Vigo

    Reciclado selectivo

    El Concello de Vigo ha tenido unas acertadas iniciativas al promover el reciclado de las basuras domésticas. En diferentes puntos...

    por Julio Alonso
    20 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR