22012020Mié
Última edición: Mar, 21 Ene 2020 9pm
11 May 2018

A nova autovía do Morrazo abre ao tráfico entre Rande e Domaio

Alivio para os viaxeiros entre Vigo e a península, que poderán empregar dous carrís en cada sentido ao longo de sete quilómetros

Publicado en Moaña

A nova autovía do Morrazo (AG-46) abre ao público este venres, con dous dos seus treitos xa a pleno rendemento. Así, desde as 13.00 horas, momento da súa apertura, xa é posible circular con dous carrís en cada sentido entre Rande e Domaio, ao longo de sete quilómetros.

05 May 2018

infraestrututas

Dous treitos da nova autovía do Morrazo abren a vindeira semana

No verán de 2019 será realidade toda a autovía, a infraestrutura de maior investimento da Xunta, 55,5 millóns de euros para a construción de 11 quilómetros de autovía

Publicado en Moaña

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou este sábado que, os dous primeiros treitos da autovía do Morrazo abrirán ao tráfico o vindeiro venres, día 11 de maio, desde o enlace de Rande ao enlace de Meira.

01 May 2018

A Xunta convida aos veciños do Morrazo a unha andaina para coñecer a nova autovía

O percorrido comezará ás 11 horas, pero as persoas interesadas xa poderán acceder á infraestrutura dende as 10.30, con acceso pola rotonda de Rande

Publicado en Moaña

A Xunta anunciou este martes que convida aos veciños do Morrazo a participar o vindeiro sábado nunha andaina para coñecer a nova autovía.

18 Abr 2018

Localizan a dos de los tres presuntos autores de una brutal agresión en la N-550

Un vecino de Tui y otro de Vilaboa, sospechosos de embestir con su coche a otras dos personas, amenazarlas con un arma y pegarles con bates de béisbol

Publicado en Moaña

La Guardia Civil ha identificado a dos de los tres presuntos autores que el pasado fin de semana le propinaron una brutal paliza a dos vecinos de Soutomaior, que tuvieron que ser trasladados al complejo hospitalario de Pontevedra para ser asistidos de los golpes recibidos. Los hechos sucedieron la madrugada del pasado viernes en las inmediaciones de un local de ocio próximo a la carretera N-550, en el municipio de Vilaboa.

04 Abr 2018

Sae a información pública o proxecto da senda peonil e ciclista de Moaña

Cun orzamento de 580.000 euros, o proxecto prevé de xeito simultáneo eliminar dous tramos de concentración de accidentes en Domaio

Publicado en Moaña

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista de Moaña, que discorre na estrada Marín- Rande (PO-551), no treito entre A Moureira e Palmás.

02 Abr 2018

infraestruturas

Feijóo garante a apertura o próximo mes da Autovía do Morrazo

“Cremos que é o momento de seguir apostando polas obras públicas estratéxicas, como ferramentas para a expansión económica”, aseverou

Publicado en Moaña

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este luns que a ampliación da autoestrada do Atlántico en Rande e Santiago, a Autovía do Morrazo e a circunvalación de Pontevedra son, todas elas, infraestruturas que confirman a vontade incuestionable de que a recuperación económica atope na Galicia atlántica o impulso que precisa para consolidarse e expandirse.

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos