24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

Autorizada a prórroga do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo para 2020

Doce concellos beneficiaranse dos descontos nos billetes, transbordos e bonificacións adicionais grazas a un investimento total de 1,4 millóns de euros

21 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un autobús do transporte metropolitano. / Foto: Arquivo Un autobús do transporte metropolitano. / Foto: Arquivo

O Consello da Xunta de Galicia autorizou na súa reunión deste xoves a prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na área de Vigo para o ano 2020, cun investimento autonómico de case 1,4 millóns de euros.

Segundo este acordo, o Goberno galego achegará 1,1 millóns de euros que permitirán financiar o 80% dos descontos que se aplican nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos, que son de balde, e as bonificacións adicionais para usuarios recorrentes e membros de familias numerosas. Os 12 concellos que integran a demarcación achegarán en su conxunto preto de 266.000 euros.

Grazas a este convenio garántese a continuidade un ano máis dun plan social que supón importantes aforros económicos para os usuarios e segue a senda do fomento do transporte público por parte do Goberno galego.

Este programa rexistrou o pasado ano máis de 3 millóns de viaxes na comarca e, en canto a modalidade de transporte, cómpre destacar que o 40% dos desprazamentos seguen a corresponder cas navieiras e o 60% co autobús.

Coa súa achega, a Xunta financia ademais o 15% de desconto adicional que se aplica aos usuarios recorrentes e a membros de familias numerosas, neste caso de entre o 20% e o 50% en función da categoría.

Desa forma, o uso da tarxeta de Transporte Metropolitano permite aforros de ata os 600 euros anuais nos desprazamentos cotiás, unha menor contía que a que se acada noutras cidades galegas, debido á negativa do Concello de Vigo a integrar o transporte urbano.

A Área de Transporte Metropolitano de Vigo está integrada por un total de doce concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

medio ambiente

sanidad

música

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos