21022019Jue
Última edición: Mié, 20 Feb 2019 7pm

O Sergas manterá aberto polas tardes o centro de saúde de Moaña

A xerencia da área sanitaria de Vigo gaba o “esforzo” e o “compromiso” dos profesionais e rexeita “presións”

09 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O centro de saúde de Moaña. / Imaxe: Google Maps O centro de saúde de Moaña. / Imaxe: Google Maps

O Servizo Galego de Saúde manterá aberto polas tardes o centro de saúde de Moaña, que tiña previsto pechar en horario vespertino durante a segunda quincena de agosto. Segundo comunicou este xoves a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, a decisión débese ao “esforzo” e “compromiso” de todo o persoal do centro. Un actitude que “é fundamental para poder compaxinar horarios, sobre todo en períodos de dificultade para contratar substitucións”.

Deste xeito, a EOXI quixo deixar claro que esas “dificultades” non son exclusivas do Centro de Saúde de Moaña senón que “abarcan a todo o sistema sanitario público durante os meses de verán, prodúcense polo dereito dos propios profesionais ao seu período vacacional e pola escaseza de substitutos, nunhas especialidades nas que o paro é absolutamente reducido e en algunhas, nulo”. A esas circunstancias habería que engadir as baixas que se producen, “algunhas das cales se poden cubrir e outras non”.

Segundo o Sergas, o plan foi elaborado de acordo cos profesionais do centro de saúde e levase  a cabo atendendo a criterios meramente asistenciais, “que nada teñen que ver con presións doutro tipo, sexa o que sexa”, en referencia ás presións sociais que esixían a apertura polas tardes.

A xerencia mostrou a súa “sorpresa” ante “determinados oportunismos” que pretenden “arrogarse o protagonismo dunhas decisións que non poden, baixo ningún concepto, deberse a medidas de presión por parte de quen pretende aproveitar calquera eventualidade no seu propio beneficio e sen pensar no interese xeral dos cidadáns”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

humor

escapadas

comarcas

  • Trasladan al Cunqueiro a una menor de edad herida grave tras ser atropellada en Tomiño
    Trasladan al Cunqueiro a una menor de edad herida grave tras ser atropellada en Tomiño Una niña de 13 años ha resultado herida grave este miércoles por la mañana en Tomiño al ser atropellada por un coche cuando cruzaba la carretera PO-552, a la altura del punto kilométrico 61, en el lugar de Matos, en…
    Leer más...

exposición

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos