21022019Jue
Última edición: Mié, 20 Feb 2019 7pm

Os traballos de sostemento do túnel de Montealegre rematarán en dúas semanas tras unha obra "única en España"

A Xunta garante que os 7 primeiros quilómetros da autovía do Morrazo estarán en servizo o próximo mes de maio

12 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A conselleira Ethel Vázquez visitou este luns as obras da autovía do Morrazo. / Foto: Xunta A conselleira Ethel Vázquez visitou este luns as obras da autovía do Morrazo. / Foto: Xunta

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, supervisou este luns as obras da autovía do Morrazo, onde salientou que a estrutura e o revestimento do túnel de Montealegre estarán rematados en dúas semanas.

Os traballos de sostemento do túnel e as voaduras xa están finalizados. Cómpre lembrar que en setembro xa se comunicou aos alcaldes que os estudos técnicos realizados pola Xunta certificaban a viabilidade de ampliar o túnel para salvagardar a totalidade do castro, unha solución que supón executar unha obra de gran singularidade técnica, da que non se atopa outro exemplo en España, e que foi decidida conxuntamente cos concellos de Moaña, Cangas, Bueu e Vilaboa.

Vázquez Mourelle salientou que o Goberno galego continúa avanzando sen pausa na construción da autovía do Morrazo, a infraestrutura viaria de maior investimento autonómico que se está a desenvolver, con 11 km e 55,5 M€. Así, os primeiros 7 quilómetros estarán en servizo no mes de maio e a totalidade, ata o enlace de Cangas, no verán de 2019. Subliñou que se trata dunha infraestrutura esencial e prioritaria para o reforzo da seguridade viaria e para a mellora da mobilidade de toda esta comarca.

Ethel Vázquez indicou que as obras están a avanzar segundo o esperado e no treito I, entre Rande e Domaio, xa está executado o 86% dos traballos. O viaduto de conexión en Rande está practicamente rematado e no resto da traza estase traballando no sostemento de noiros, valado, firmes e sinalización.

Mentres tanto, seguen os avances a bo ritmo no treito II, entre Domaio e Meira, cun grao de execución que chega case ao 90%, coas obras en execución en toda a traza, finalizado o Viaduto da Mo e todas as voaduras e quedando pendente o sostemento de noiros, valado, firmes e sinalización.

Respecto aos traballos correspondentes ao treito III, entre Meira e o primeiro enlace de Cangas, iniciáronse o pasado mes de agosto e, a día de hoxe, están nunha fase máis incipiente. As voaduras neste treito obrigaban a outro corte total do tráfico dun mínimo de 2 meses pero, para non retrasar a obra e minimizar as afeccións, executarase un desvío provisional na zona e, segundo o previsto, estará rematado no vindeiro mes de marzo.

No resto do treito estanse a realizar voaduras noutros desmontes que, salvo excepcións, non implican cortes maiores de 5 minutos, e estase a avanzar nas diferentes estruturas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

humor

escapadas

comarcas

  • Trasladan al Cunqueiro a una menor de edad herida grave tras ser atropellada en Tomiño
    Trasladan al Cunqueiro a una menor de edad herida grave tras ser atropellada en Tomiño Una niña de 13 años ha resultado herida grave este miércoles por la mañana en Tomiño al ser atropellada por un coche cuando cruzaba la carretera PO-552, a la altura del punto kilométrico 61, en el lugar de Matos, en…
    Leer más...

exposición

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos