10122019Mar
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 4pm

Os ‘Sorrisos Transformadores’ chegan a Moaña

A exposición fotográfica que afonda na identidade de xénero inaugúrase este lunes na Casa do Concello

18 Septiembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha das imaxes que compoñen a mostra. Unha das imaxes que compoñen a mostra.

A Casa do Concello de Moaña inaugura este luns, ás 20:00 horas, a mostra ‘Sorrisos Transformadores’, un proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI que levou a cabo a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Familiares con Menores Trans*, ARELAS. A mostra estará aberta ao público todos os días dende as 9:00 ata as 20:00 horas.

A continuación, a presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, ofrecerá unha charla no salón de plenos do concello na que ademais de afondar sobre este tema aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir. Aínda que o coloquio está dirixido a todas as persoas asistentes terá especial interese para as familias e o persoal docente.

‘Sorrisos Transformadores’ é unha exposición itinerante que vén de percorrer varios concellos da provincia e que consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas a persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta.

Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista da imaxe ou sobre a súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son por exemplo especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

As súas finalidades son as de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a campaña compleméntase cunha oferta de charlas informativas destinadas á comunidade escolar.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos