A primeira das modificacións no tráfico terá lugar o luns e o martes na parte final do corredor, desde o enlace de Cangas, punto quilométrico 11+400, ata o final do Corredor, para levar a cabo o repintado no lugar onde se fixo unha rehabilitación localizada do firme. Neste caso, será necesario cortar ao tráfico un dos carrís, dando tráfico alternativo. Os cortes terá lugar este luns, entre as 9.00 e as 20.00 horas, e este martes, no mesmo horario.
Por outra banda, o mércores, día 21, levarase a cabo, de 10.00 a 13.00 horas, un corte ao tráfico, para a realización de voaduras nos tramos 1 e 2, para isto é necesario pechar o tramo ao tráfico.
A autovía do Morrazo atópase con obras nos treitos 1 e 2, mentres que o treito 3 en proceso de contratación. No plano inferior aportado pola Xunta de Galicia amósanse os desvíos que se veñen establecendo habitualmente para a realización de voaduras nesta infraestrutura viaria.