Esta actuación, que vén a corrixir o alombamento nunha viga na cara oeste do edificio e que afectou ao antigo salón de actos, supón un investimento de preto de 17.500 euros.
Coincidindo coa volta ás clases tralo Nadal, detectouse no salón de actos do CEIP da Ribeira a fractura e descolgamento do caixeado de escaiola pegado ao cerramento e da primeira liña do falso teito. Descartados danos colaterais no resto do edificio, a estancia quedou clausurada de xeito inmediato e iniciándose os trámites para o seu arranxo.
Os traballos consistiron na desmontaxe da liña de falsos teitos, así coma do caixeado de escaiola e a demolición da folla interior do peche da fachada, e a súa posterior reconstrución. Ao mesmo tempo, adoptouse dividir o antigo salón de actos en dúas aulas e trasladar este espazo á planta baixa, onde estaban localizadas as aulas de psicomotricidade e a ludoteca, demolendo o tabique divisorio.
Acompañado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, César Pérez, e parte da directiva do centro de escolar, López-Chaves salientou a axilidade nos prazos de execución das obras, que estarán finalizadas un mes antes do previsto.
Artigos relacionados: Alarma en el CEIP Ribeira por el desprendimiento de una viga en un aula y la aparición de grietas