Pereira mantivo, canda o deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, un encontro con representantes da asociación de comerciantes do Porriño (Acipor), os parques empresariais da Granxa e das Gándaras do Porriño, e da asociación de transportes de Pontevedra (Asetranspo).
Na xuntanza explicaron a iniciativa política que está a desenvolver o BNG destinada a lograr a transferencia da AP9 para que pase a ser titularidade de Xunta, co obxectivo, entre outros, de liberar a autoestrada das actuais peaxes. Neste senso, o voceiro municipal, deulles conta aos representantes empresariais e comerciais, da moción que o BNG levou ao pleno celebrado onte. Dita moción contou co apoio dos grupos da corporación, agás o PP que se abstivo. Abstención que rompeo o consenso político acadado no Parlamento de Galiza en defensa da iniciativa lexislativa para reclamar a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza, nos termos aprobados polo Parlamento de Galiza.
Desde o Bloque defenden que é estratéxico que Galiza poida decidir sobre a principal vía de alta capacidade do país. Demandan que a Xunta tome o control sobre esta infraestrutura “para rematar coas deficiencias na súa xestión, as tarifas abusivas e mesmo que sexa empregada como obxecto especulativo por parte de grandes fondos de investimento dados os altos beneficios que xera, a custa do peto de sufridos usuarios e usuarias, co modelo de xestión que ten a administración central da AP-9”.
O encontro realizado esta mañá no Porriño inscríbese nunha campaña inicial coa que a fronte nacionalista quere sumar o maior apoio social e institucional á demanda da transferencia e gratuídade da AP9, instando aos grupos políticos con representación no Congreso a aprobar a proposición de lei remitida por acordo unánime do Parlamento galego.