Esa é a cantidade que deixará de pagar o Concello do Porriño e a de CO2 que deixarán de respirar as veciñas e veciños logo das iniciativas postas en marcha pola Concellería de Vías e Obras, que abranguen dende a renovación das instalacións do alumeado público, a substitución de preto de 500 novas luminarias led, o cambio de caldeiras por outras tipo de ‘pallets’ ou a eliminación de parte dos coñecidos como ‘puntos de tantos alzados’ por modernos contadores que permiten a facturación real e que se pague pola enerxía consumida en realidade.
O tenente de alcalde, Manuel Carrera, apunta que o proxecto de renovación do alumeado, “que iniciamos hai tres anos”, aínda non está rematado en nos vindeiros meses completarase no PPI6 e PPI7, e coa inversión de 1 millón de euros, cantidade solicitada ao Instituto para a Diversificación e Aforro de la Enerxía (IDAE) para rematar, “logo de 30 anos”, coa eliminación de todos os ‘tantos alzados’, a “legalización total” de todos os puntos de subministro e a extensión das luminarias tipo led a todas as parroquias do concello.
Ata hoxe, subliña Manuel Carrera, colocáronse, en total, 467 luminarias novas de 30 e de 60W, delas 96 en Torneiros, 176 en Budiño, 84 en Mosende, e 111 en Pontellas, a elas hai que engadir as preto de 400 nos polígonos industriais.
Estes novos focos teñen unha vida útil, media, de 60.000 horas, un custo mínimo en mantemento, ofrecen un alumeado de 110 lumens por watt, “mantendo os niveis de luminosidade nesta zona tan transitada”, reducen o consumo de máis de 220.000 Kilowatios/Hora a 82.000 e, “e isto é o máis importante: reducen en máis de 80 toneladas as emisións de CO2 á atmosfera”.
Novas caldeiras de biomasa
O aforro e a redución da contaminación complétanse coa posta en funcionamento das novas caldeiras de biomasa instaladas polo Goberno local en 11 dependencias da vila, entre elas o propio Concello ou o Pavillón Municipal do Deporte-como tivo ocasión de comprobar hai xa un ano o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen felicitara ao Concello por esta iniciativa-.
As novas caldeiras, indica Manuel Carrera, “están a aforrarnos preto de 20.000€ anuais no recibo de enerxía e teñen evitado xa, en este ano, a emisión de 142 toneladas de CO2 ao aire”.