• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 2 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Festival de Cans inspírase na estética de Sargadelos para a imaxe gráfica deste ano

    Os promotores do certame presentaron hoxe o seu cartaz e anunciaron unha retrospectiva internacional dedicada á produtora francesa Société Acéphale
    Redacción por Redacción
    03 de Abr, 2024
    en O Porriño
    0
    O Festival de Cans inspírase na estética de Sargadelos para a imaxe gráfica deste ano

    Asistentes á presentación da imaxe gráfica do Festival de Cans en Santiago. / Foto: Cris Andina

    O Festival de Cans presentou hoxe na sala Riquela Club de Santiago a súa imaxe gráfica para a edición XXI do certame, que terá lugar entre o 21 e 25 de maio. A imaxe do festival para este ano foi deseñada por Pablo Rodríguez, do equipo de Rei Zentolo. A presentación de hoxe asistiron a presidenta da Asociación Arela de Cans, Keka Losada, a señora Alicia, veciña de Cans, e o deseñador de Rei Zentolo, Pablo Rodríguez e o director do festival, Alfonso Pato. Tamén asistiu a actriz Sara Casasnovas, que nesta edición presentará na sección «A que andas», o proxecto do filme «Alevosía», que será o seu debú na longametraxe.

    Durante a presentación anunciáronse algúns dos contidos do festival deste ano que contará cunha retrospectiva internacional dedicada a prestixiosa produtora francesa Société Acéphale, que toma o seu nome da revista de filosofía radical de Georges Bataille e foi fundada en 2015 por Lorenzo Bianchi e Anthony Lapia, estudantes da Universidade Paris 8.

    Pablo Rodríguez, deseñador de Rei Zentolo, explicou que para a realización da imaxe gráfica do festival inspirouse nos elementos máis característicos do evento como son o Torreiro das Estrelas, os chimpíns, o Can ou o galiñeiro. Ademais, faise unha referencia ao símbolo da paz «tan necesario, por desgraza, nestes días de guerra en lugares como Ucraína ou Gaza» e a estética está inspirada nas cerámicas de Sargadelos «que sempre foi unha empresa de referencia para Rei Zentolo». 

    Pola súa banda, o director do festival, Alfonso Pato, explicou que un dos puntos fortes desta edición será a retrospectiva dedicada á produtora francesa Société Acéphale, coa estrea de curtas e longametraxes en Cans e a presenza de distintos directores e produtores vinculados a Acéphale que virán a Cans e participarán en diversos encontros co público e con realizadores galegos. Tamén destacou que este ano houbo un récord de curtas presentadas a concurso, con máis de 250, e que entre as actividades do festival desta edición haberá unha homenaxe ao músico vasco Kepa Junquera no galiñeiro que levará o nome deste artista que tivo una actuación histórica en Cans hai dez anos. 

    Estamos de estrea!! Hoxe presentamos a que será a nosa imaxe deste ano. Un cartel ben fermoso o que deseñaron os amigos de @Reizentolo Adiante!!!
    Grazas un ano mais a: @XUNTACULTURA @PorrinoConcello @estrellagalicia @culturaxunta @cineICAA , @deleitegalego @SomosAISGE @gadis pic.twitter.com/QAQQPsqGiv— Festival de Cans (@festivaldecans) April 3, 2024

    A señora Alicia explicou que ten moitas ganas de asistir ao festival este ano para ver aos seus amigos e os organizadores do festival indicaron que farán todo o posible para facer realidade o seu sono. Sara Casasnovas anunciou que en Cans poderá verse por primeira vez o teaser da súa futura longametraxe Alevosía, un ambicioso proxecto híbrido entre ficción e documental, baseado nunha historia persoal e que será «unha mistura entre Frankenstein e Cabaret». 

    A retrospectiva sobre as producións de Société Acéphale, a máis ambiciosa da historia de Cans, terá unhas sesións previas ao inicio do festival que se celebrarán o xoves 16 e o sábado 18 de maio no Centro Cultural do Porriño, onde se proxectarán dúas longametraxes da productora. Xa durante o festival haberá diversas sesións de proxeccións das curtas realizadas pola produtora francesa e charlas e coloquios con destacados representantes de Acéphale.

    Société Acéphale é unha das produtoras francesas con maior proxección internacional, con presencia nos festivais máis importantes, e curtas e longas premiadas nos certames cinematográficos de maior prestixio. A retrospectiva que poderá verse en Cans e a primeira que se celebra en España e no mundo e inclúe unha selección de obras en formato curto e longo de diversos xéneros e estilos. Ficción, documental de creación e cinema experimental son algún dos exemplos desta cinematografía caracterizada por unha estética poderosa e unha forte compoñente política.


    Seis curtas e dúas longametraxes de Acéphale

    A selección inclúe seis curtametraxes e dúas longametraxes, dos cales 4 serán estreas en España e 3 en Galicia. As longametraxes poderán verse na Casa de Cultura do Porriño en sesión que terán lugar o xoves 16 e o sábado 18 de maio, ás 18:00 horas e con entrada libre. Durante o festival haberá dúas sesión retrospectivas nas que se exhibirán as curtas, con asistencia de actores e realizadores vinculados a Acéphale.

    Entre as pezas que poderán verse en Cans atópanse Le petit, de Lorenzo Bianchi, protagonizado polo actor Paul Blain e pola cineasta Valérie Massadian -protagonista do foco na edición de 2023-, e premiado coa Mellor Fotografía en Clermont Ferrand, entre outros premios. É un poderoso relato inspirado na infancia de Georges Bataille.

    Da cineasta Camille Degeye poderemos ver dous dos seus traballos, Journey through a body, seleccionado na Semana da Crítica de Cannes e premio á Mellor Película no Festival de Vilnius, e Almost a Kiss, Gran Premio André S. Labarthe no festival Côté Court e Gran Premio no festival Silhouette. Ámbolos dous foron creados co colectivo de cinema analóxico L’Abominable. Do cofundador da compañía, Anthony Lapia, veremos a curta Panda, suxerinte filme de graduación da prestixiosa escola de La Fémis, e a longametraxe After, un dos títulos máis estimulantes da pasada temporada, estreado na sección Panorama da última Berlinale

    En Cansestarán presentes Anthony Lapia, Lorenzo Bianchi, Camille Degeye, Eliza Muresan, Matthew Barton e Natalia Wiszniewska -produtora artística, actriz e directora colaboradora en After de Anthony Lapia-, para falar das súas películas e dos seus modos de traballo, nos que a miúdo uns e outros intercambian os distintos roles da produción audiovisual: dirección, guión, montaxe, etc.

    Venda de packs do festival ata o 28 de abril

    Como xa é habitual nas últimas edición do festival dende hoxe xa están a venda 200 packs en oferta de lanzamento por 20 euros ata o 28 de abril. Cada pack leva unha entrada para as sección de ficción ou animación (12 euros), unha camisola da XXI edición (14 euros), unha chapa de edición limitada (1 euro) e un catálogo impreso en papel (3 euros). Os que aproveiten está oferta terán un desconto de 10 euros sobre o prezo final do pack sen promoción. Os packs poden adquirirse na web do festival.

    43

    Tags: cineculturaFestival de CansImaxe gráficaO PorriñoSargadelos

    RelacionadosArtículos

    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo se adueña por 120.000 euros de una obra de arte «única» (y magistral) de Laxeiro
    Arte

    Vigo se adueña por 120.000 euros de una obra de arte «única» (y magistral) de Laxeiro

    26 de Dic, 2025
    Momentos de tensión en la protesta de trabajadores de Amazon, en huelga por las condiciones «indignas»
    O Porriño

    Momentos de tensión en la protesta de trabajadores de Amazon, en huelga por las condiciones «indignas»

    23 de Dic, 2025
    Un repartido quinto premio deja pellizcos en Vigo y su área: Porta do Sol, repite
    Local

    Un repartido quinto premio deja pellizcos en Vigo y su área: Porta do Sol, repite

    22 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    El paro bajó en 10.362 personas en Galicia en 2022, hasta los 142.222 desempleados
    Comarcas

    La Diputación destina 2,1 millones a mejorar carreteras que pasan por Arbo, As Neves y O Porriño

    19 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Corte de tráfico en el centro de Vigo para dar paso a la carrera que despedirá el año

    Corte de tráfico en el centro de Vigo para dar paso a la carrera que despedirá el año

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Fin al abandono de cuatro parcelas en pleno Casco Vello de Vigo: serán 5 viviendas (dos dúplex) con jardín privado

    El Casco Vello de Vigo empezará 2026 con una nueva obra: un lujoso complejo con 5 viviendas y jardín privado

    por María Alonso
    30 de Dic, 2025
    0

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    por Redacción
    26 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Averías en Navidad
    Más Vigo

    Averías en Navidad

    Esta fotografía fue tomada el pasado viernes 26 de diciembre a las doce de la noche. Se trata de las...

    por Julio Alonso
    02 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido
    Más Vigo

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido

    Esta es la historia de Manuel Alvarez e Hijos, S.A., cuya planta principal en Vigo era conocida como "La colmena...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Feb, 2015

    LIBROS

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en diciembre que no te puedes perder
    Libros

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en diciembre que no te puedes perder

    Llegan las Navidades, con sus regalos y cenas, y aún nos quedan novedades literarias para el último mes del año....

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR