Hai que lembrar que o lume arrasara completamente o interior do templo, queimando os bancos, as tallas dos santos-incluíndo a do patrón-, e o tellado, quedando en pe so a estrutura da basílica, logo de que os bombeiros, para evitar maiores riscos, tivesen que retirar as vigas do teito.
García de la Torre e Carrera comprometéronse a que o orzamento municipal para 2019 conteña unha partida duns 50.000 euros para que as obras estean rematadas antes da celebración da Festa de San Campio.
A alcaldesa salientou a importancia, “a marxe do respecto á liberdade relixiosa”, que ten para o patrimonio cultural e histórico do Porriño e para a xente a igrexa de San Campio, construída no século XIX.
O mesmo día do incendio, Eva García de la Torre, quen acudirá ao lugar para coñecer os danos de primeira man, comprometérase, publicamente, coas veciñas e veciños a que contarían co Concello e con toda a Corporación Municipal para a reconstrución da capela.