O evento desenvolverase na ‘Carpa do Roxy’, que albergará un concerto infantil, unha demostración de cociña, un obradoiro e un ‘photocall’, entre outras cousas. Alí estarán presentes Miri, participante do quinto Masterchef España que fará un ‘showcooking’, Noemí Férnandez, segunda clasificada na final do programa ‘La Voz Kids’, e tamén a famosa cociñeira e blogueira Inés Carcacía.
As prazas para participar nos obradoiros serán cubertas entre os interesados por orde de chegada ao recinto no día da súa realización. As idades dos participantes serán desde os 7 ata os 14 anos. Mentres, o público que así o desexe poderá asistir ata completar aforo, que será de 200 persoas..
O ‘Pinchoneno’, que se desenvolverá os días 14 e 15 de setembro, servirá de antesala ás festas locais do Cristo.