Os traballos proxectados divídense en dúas actuacións. A primeira delas contempla o saneo e reposición de parte do firme da estrada EP 2401 e a execución dun tramo de beiravía de formigón paralela á mesma entre os PQ 3+322 e 3+351. Ademais, vaise corrixir a estabilidade do noiro recuando o eixo e a beiravía e dotando dunha berma na coroación do terraplén. Tamén se instalará unha varanda de seguridade para protexer aos usuarios da beiravía.
Pola súa banda, a segunda actuación consiste na execución de dous muros de contención entre os PQ 1+165 e 4+179, para solucionar os actuais problemas de inestabilidade de noiros. Así, as obras contemplan a reposición dos tramos de beiravía afectados polos desprendementos e a execución dunha cuneta revestida de formigón que protexa os noiros, dirixindo as augas ata o leito do rego Miñoteira ou Centeáns. Amais, tamén se reforzará a drenaxe da plataforma multiplicando a capacidade de drenaxe dun sumidoiro.