Os feitos ocorrreron onte domingo, segundo excplicou a Policía Local do Porriño, que recibiu a alerta de que un mozo rachara un cristal dunha fiestra para acceder a unha empresa ubicada no casco urbano. Coa descripción facilitada, a Policía Local dispuxo un operativo para cercar o presunto autor que fuxía polas vías do tren, sentido Vigo.
En vinte minutos os axentes da Policía Local localizaron a capturaron ó individuo que resultou ser un delincuente reincidente con antecedentyes policiais e penais por feitos similares.
Dende a Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure suliñase a importancia da colaboración cidadadá para atallar e esclarecer este tipo de feitos delictivos facilitando o traballo da Policía Local do Porriño. Lembrase que o teléfono directo para comunicar coa Policía Local de O Porriño é 620404040.