A duración estimada do episodio cumpliuse e a última hora deste luns, atendendo ás previsións de mellora para este día, desactivouse a alerta. Así mesmo, para os próximos días a previsión tamén é de mellora.
«Estamos ante unhas concentracións no aire correspondente a nivel 1, denominada de atención no protocolo, polo que principalmente se recomendan precaucións sobre ao poboación que pode ser máis sensible. Isto é, nenos, anciáns, nais xestantes, e adultos que padezan enfermidades respiratorias e/ou cardiovasculares», apunta a Xunta nun comunicado.
Os síntomas poderían ser de irritación nasal, de gorxa ou ocular; dores respiratorias; ou aumentar a susceptibilidade fronte a infeccións respiratorios. Polo tanto, recoméndase: evitar a exposición ao aire exterior nas horas centrais do día e absterse de facer actividades ao aire libre de forma prolongada, principalmente as que supoñan esforzos (actividades físicas e deportivas).
O ozono é un gas incoloro e inodoro que se xera na troposfera a través de reaccións fotoquímicas, é dicir, en presenza de luz solar, entre certas substancias chamadas precursores. Os niveis máis altos de ozono troposférico prodúcense durante o período estival, con altas temperaturas e maior radiación solar, polo que é normal para a época do ano e a situación anticiclónica destes días.
Os técnicos da Rede de Calidade do Aire permanecerán alerta, comprobando a tempo real a validez dos datos emitidos polos analizadores situados en toda Galicia, que son actualizados cada hora. En calquera caso, non é previsible que a situación empeore en ninguna das estacións de calidade do aire.
Toda a información referente a esta situación actualizarase na páxina web de Meteogalicia, estando o Protocolo dispoñible no seguinte enlace, tamén de Meteogalicia.






















