O detido atopábase preto da súa antiga parella, quen tivo que agocharse no baño dunha cafetería do casco urbano do Porriño por medo a sufrir algunha agresión, motivo polo cal presentou a correspondente denuncia por un presunto delito de quebrantamento de condena.
O arrestado foi posto este luns a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño.