O Concello de Porriño comunicou na mañá deste xoves á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e tamén á Diócese de Tui-Vigo, os danos sufridos na fachada principal da Igrexa de Santa María da Concepción que apareceu hoxe con pintura de cor rosa.
Segundo informou o concello do Porriño, o párroco da igrexa parroquial, ubicada no centro da vila, ten previsto presentar denuncia ante a Garda Civil.
O atestado da Policía Local de Porriño indica que na mañá deste xoves (ás 8,19 h) recibiuse aviso do feito que se supón que acontecera de madrugada.
O parte policial tamén sinala que se comprobou que se trata de pintura supostamente botada con algún tipo de envase. Como se aprecia nas imaxes, o tramo danado é a parte dereita da fachada.