Segundo informou o Concello a través dun comunicado, o maxistrado titular do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra entende que a rexedora non cometeu ningún dos delitos que lle imputaba o Ministerio Público.
García de la Torre enfrontábase a dous anos e medio de cadea, inhabilitación para o exercicio de cargo público, no caso da falsidade documental, e unha multa e dous anos de inhabilitación para exercer a súa profesión no que se refire á deslealdade profesional.