A idea de sacar a concesión do servizo por un ano é para ver como funciona e se a demanda dos usuarios é real, e verdadeiramente son moitos os pasaxeiros.
Por outra banda, xa está aprobado pola Comisión de Estudo, o regulamento do servizo, no que se establecen, entre outras directrices de funcionamento, os dereitos e deberes dos usuarios do mesmo, as características que deberán ter os autobuses que presten o servizo, condicións de accesibilidade, etc.
As rutas e horarios deseñados poderán ser modificados pola administración local como considere segundo se vaian perfilando as necesidades do servizo unha vez este bote a andar. Esta posibilidade de modificación ven xa estipulada no regulamento onte tratado pola Comisión de Estudo.
O estudo económico de costes do transporte municipal está estimado nuns 45.000 euros anuais polo departamento municipal de Intervención, aínda que para establecer os costes reais hai que esperar a coñecer o volume real de usuarios do servizo e, en función dos mesmos, os ingresos anuais que lle reportará á empresa concesionaria a prestación do servizo en Mos. Ditos ingresos calculáronse agora en base a unha estimación media de 7.000 euros/ano.
A tarifa establecida para o billete do transporte urbano mosense será a máis simple: 0,85 euros. Será un billete único e os usuarios non terán que volver a pagar durante unha hora aínda que fagan transbordo a outra liña tanto do transporte urbano como do interurbano a outros municipios da Área Metropolitana.
Detalles do servizo de transporte municipal
O proxecto de transporte municipal presentado polo Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do Transporte Metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións. Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia veciñal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén.
Sobre este Plan de Transporte Municipal Arévalo explicou que constará dun autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da área.
Ademais de comunicar as 10 parroquias entre sí esta liña comunica a tódalas parroquias mosenses coas zonas de intercambio co Transporte Metropolitano que une Mos coas demais localidades da Área Metropolitana.
Neste sentido, Arévalo destacou a importancia deste plan que conectará as parroquias sen servizo coas paradas do Transporte Metropolitano, garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.