• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 31 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Festa da Rosa de Mos xa conta cos seus primeiros 6 valedores

    Tras medio século de celebración, este ano o Concello deu unha volta á festividade co obxecto de "poñer en valor a orixe" e "impulsar o simbolismo e a importancia" dos festexos
    Redacción por Redacción
    13 de Jun, 2024
    en Mos
    0
    A Festa da Rosa de Mos xa conta cos seus primeiros 6 valedores

    Foto de familia da Festa da Rosa de Mos. / Foto: Concello

    A 51 edición da Festa da Rosa de Mos comezaba con cambios, «una nova etapa», como explicaba a alcaldesa Nidia Arévalo. E así foi coa proclamación dos seus 6 primeiros valedores na xornada deste xoves.

    Tras medio século de historia, Arévalo explicaba na súa intervención que “iniciamos unha nova etapa tras 50 anos con este novo enclave no Pazo de Mos. Por suposto coa inmensa gratitude que corresponde cara a veciñanza da parroquia de Petelos onde se celebrou ata o de agora, na Praza do Concello”. “Con este cambio de ubicación pretendemos poñer en valor a orixe da festa, xa que a historia da rosa de Mos vén do Escudo do Marquesado dos Quirós e os primeiros Marqueses están enterrados na Igrexa de Santa Baia” detallaba a alcaldesa.

    Ademais a primeira Casa Consistorial mosense tamén estivo neste mesmo lugar e co traslado da celebración «optimizaranse recursos nun mesmo espazo coas características óptimas para que a Festa de Interese Turístico de Galicia siga crecendo», argumentou.

    Así, unha das novidades desta nova festa local foi a creación da Orde dos Valores da Rosa de Mos. A rexedora mosense explicou que “creamos esta Orde para continuar a impulsar o simbolismo e a importancia da Rosa de Mos nesta nova etapa”. Así mesmo Arévalo informou de que a Orde está creada no ámbito local e galego pero sen límites territoriais.

    Con todo, ás 6 primeiras persoas Valedoras da Rosa da historia de Mos se lles impuxo a insignia da Rosa de Mos e asinaron o Libro de Honra da Rosa, así como fixeron o xuramento de fidelidade á Rosa, adquirindo os 10 compromisos rexistrados no Decálogo da Valeduría da Rosa de Mos.

    A alcaldesa destacou sentirse «enormemente emocionada» de poder entregar o título de Valedores aos 6 primeiros nomeados que «son persoeiros que tiveron e teñen un papel fundamental na difusión, historia, cultura e progreso do Concello de Mos”.

    Os 6 primeiros valedores integrantes da Orde da Rosa de Mos son:

    • Uxía Dominguez Senlle, (Sanguiñeda, Mos, 19 de novembro de 1962) artista mosense coñecida como Uxía.
    • Justo José Gonzalez Ballesta, (Lugo, 9 de outubro de 1951) médico e político galego, alcalde de Mos no periodo comprendido entre 1986 – 1989 e 1991 – 1997.
    • Luis Quinteiro Fiuza (Sabrexo, 26 de xuño de 1947) sacerdote católico español de Santiago de Compostela (1999-2002), bispo de Ourense (2002-2010) e bispo de Tui-Vigo (2010-2024).
    • Rogelio Garrido García (Vigo 1968) periodista, director de ‘Faro de Vigo’ desde 2019.
    • José López Campos (A Estrada o 22 de marzo de 1974) político galego, alcalde da Estrada desde 2011 a 2024 e actual conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, que deu as grazas á vila de Mos por esta distinción resaltando que as festas forman parte da tradición e idiosincrasia que conforma a identidade galega, e destacando a ubicación do Pazo de Mos, enclave no que o conselleiro se comprometeu “a difundir e levar por toda Galicia a Rosa de Mos e a súa importancia para todo o pobo galego”.
    • Fundación Pazo de Mos. Como fundación de interese galego, na sección cultura, que «contribue á realización de fins de interese xeral, cun derradeiro fin de desenvolvemento de todo tipo de actividades e eventos turístico-culturais, sociais, empresariais e deportivos».

    Sobre eles, a alcaldesa mosense destacou que “merecen a honra de pasar a inaugurar a Orde dos Valedores da Rosa de Mos polo seu labor e xenerosa colaboración co municipio».

    Concurso de Empanadas de Millo

    A Festa da Rosa celebrouse esgotando as existencias de empanada de millo durante a mañá. Todo un éxito para a 25 Edición da Exaltación da Empanada de Pan de Millo que, desde a súa posta en marcha, corre a cargo das Mulleres Rurais de Mos.

    Pola súa banda o Concurso de Rosas de Mos cumpría hoxe 31 anos e os gañadores nesta edición foron: as mellores rosas da parroquia de Cela foron as de Ángeles Rodríguez, as de Dornelas de Dionisia Alonso, as de Tameiga de Ramón Alonso, as de Torroso de Isabel Lago, as de Pereiras de Abel, as de Sanguiñeda de Mariví, as de Guizán de María Lago Taibo, as de Mos de Patricia Domínguez, as de Petelos de Bea Cabaleiro e as mellores rosas da parroquia de Louredo foron as de Pilar Domínguez. De todo o municipio, as escollidas como mellores rosas mosenses foron as da parroquia de Torroso de Isabel Lago.

    En canto ao Concurso de Empanadas de Millo, a Mellor Presentación foi para Alberto Santos, o Mellor Sabor para Antón Rodríguez, e a Empanada Máis Grande foi a de Panadería Luisa.

    Durante a mañá de actos oficiais do Día da Rosa celebrouse unha Misa Solemne oficiada polo Bispo Luis Quinteiro Fiuza na que se fixo unha ofrenda aos Marqueses de Mos enterrados na Igrexa de Santa Baia, e tamén se realizou un irmanamento co Concello de Ponteareas, xa que os alfombristas da vila ponteareana confeccionaron unha fermosa alfombra fronte ao Pazo. A alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial de Turismo, Nava Castro, recibiu de mans da rexedora local mosense, Nidia Arévalo, o símbolo da rosa de Mos como sinal de irmandade.

    Entre outras autoridades tamén estiveron presentes este xoves en Mos o presidente da Deputación, José Luis López, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Allegue, e o de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, que foi nomeado Valedor da Rosa de Mos.

    A mañá estivo amenizada musicalmente pola Unidade de Música da Escola Naval Militar de Marín, e polo grupo de voces femininas Sisters in House. A Misa Solemne foi cantada polas corais de Santa Eulalia de Mos e ASOMAMOS, que se uniron nesta celebración eucarística.

    Outra protagonista de honra esta mañá foi a pregoeira Tamara García Romero. Mosense da parroquia de Guizán con gran proxección nacional polo seu enorme éxito en medios audiovisuais e redes sociais. De gran carisma e simpatía, leva o nome de Mos e de Guizán, a súa parroquia e da túa familia, alí onde vai. Ademais da súa carreira como creadora de contido viral en redes, Tamara está avalada pola súa experiencia e formación como publicista e deseñadora de moda, o que a convirte nunha muller mosense da que a súa veciñanza se sinte inmensamente orgullosa. A pesares da súa xuventude, é unha muller entregada e traballadora, polo que está a recoller os éxitos que consegue a base do seu esforzo. Inmellorable embaixadora mosense, divertida e grandísima comunicadora.

    O Concello organizou paralelamente aos actos institucionais o campamento A Rosiña, na contorna do Pazo. Foi gratuíto para as familias e permitiu conciliar a nais e pais durante unha xornada na que a maioría traballa aínda que os seus fillos e fillas non teñan cole.

    43

    Tags: Festa da RosaNidia ArévaloNova etapaPazo de MosValedores

    RelacionadosArtículos

    Mos baja el IBI a la mitad a quienes instalen sistemas de energía solar fotovoltaica
    Mos

    Mos baja el IBI a la mitad a quienes instalen sistemas de energía solar fotovoltaica

    06 de Nov, 2025
    Afouteza crece: la ciudad deportiva del Celta será un «referente deportivo y tecnológico»
    Celta

    Afouteza crece: la ciudad deportiva del Celta será un «referente deportivo y tecnológico»

    11 de Jul, 2025
    Mos exige medidas preventivas para evitar nuevos desplomes en la A-55
    Mos

    Mos exige medidas preventivas para evitar nuevos desplomes en la A-55

    02 de May, 2025
    Afouteza supera el último escollo judicial: el Supremo avala la Ciudad Deportiva del Celta
    Celta

    Afouteza supera el último escollo judicial: el Supremo avala la Ciudad Deportiva del Celta

    30 de Abr, 2025
    Diputados del PP reclaman al Mitma que solvente las “deficiencias” de la A-52, que une O Porriño y Benavente
    Mos

    Mos ya tiene fecha y lema para pelear (y manifestarse) contra la nueva A-52 en túnel

    24 de Abr, 2025
    Mos exige a Fomento que eleve el muro sobre la A-55 donde se desplomó un talud
    Mos

    Mos exige a Fomento que eleve el muro sobre la A-55 donde se desplomó un talud

    21 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Calles en penumbra
    Más Vigo

    Calles en penumbra

    La Navidad de Vigo ya se ha terminado, para consuelo de muchos y tristeza de otros, y aquel derroche lumínico...

    por Julio Alonso
    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR