21082019Mié
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 11am

MOS

Mos arranxará a estrada entre o concello e o centro de día

A Xunta de Galicia colaborará nesta actuación, aínda que non precisou a cantidade orzamentada

08 Febrero 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Beatriz Mato e Nidia Arévalo reuníronse onte en Mos. Beatriz Mato e Nidia Arévalo reuníronse onte en Mos.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle este lunes á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co concello no acondicionamento do exterior do centro de día e na mellora do vial que da acceso dende a casa consistorial ao centro de día e ao cemiterio. Non obstante, a dirixente non concretou a cantidade orzamentada.

A alcaldesa do Partido Popular indicou que se trata dunha actuación moi demanda por parte dos veciños xa que se trata dunha zona de bastante tránsito que non reúne unhas condicións de acceso adaptadas. A conselleira avanzoulle que é necesario contar cun proxecto no que se detallen as actuacións e fases, para así poder asinar o antes posible un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello no que se detalle o alcance desta colaboración.

Outro dos puntos abordados na reunión foron as necesidades de saneamento neste concello. A conselleira indicoulle que a Xunta analizará a posibilidade de levar a cabo actuacións neste concello que á súa vez forma parte do Consorcio do Louro co que se están avaliando distintas actuacións para mellorar a calidade das súas augas.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad 2019

obras

fiesta

terremoto

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído