12122019Jue
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9pm

Policías do Porriño salvan a vida dun condutor que entrou en parada cardíaca

Os axentes reanimaron ao home e tiveron que recoller no centro de saúde ao persoal médico e levalo ata o lugar do sinistro porque non había ningunha ambulancia dispoñible

13 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O coche colidiu contra un sinal de tráfico. / Foto: Concello do Porriño O coche colidiu contra un sinal de tráfico. / Foto: Concello do Porriño

Axentes da Policía Local do Porriño salvaron a vida a un condutor que se atopaba inconsciente dentro do seu vehículo despois de colidir contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. Segundo informou este mércores o Concello, dous coches patrulla acudiron ao rescate cando o corpo municipal recibiu aviso do sinistro.

Á súa chegada atoparon ao home accidentado en parada cardíaca. Os axentes lograron estabilizalo realizando manobras de reanimación sen ter que empregar o desfibrilador. Nese momento “requiriuse unha ambulancia pero non había ningunha dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ao centro de saúde a recoller ao persoal facultativo e levalo ata o lugar do sinistro”, relata o Concello do Porriño.

O ferido puido ser trasladado xa tempo despois por Urxencias Sanitarias ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde se recupera desde o pasado luns, día no que se produciron os feitos.

A administración local quixo subliñar que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior aos 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. “Non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia porque está a atender outra emerxencia. Por esta razón desde a Concellería de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ó Sergas que o 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia”, apuntan desde o Concello.  

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído