12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

O Concello de Mos organiza unha viaxe a Aveiro para persoas maiores

Durante a excursión visitaranse as Bodegas Caves da Aliança, o Museo Underground Aliança, o Centro de Aveiro e Costa Nova

08 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Cartel da viaxe. Cartel da viaxe.

O Concello de Mos organiza unha viaxe a Aveiro para persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55. Durante a excursión visitaranse as Bodegas Caves da Aliança, o Museo Underground Aliança, o Centro de Aveiro e Costa Nova. Terá lugar o domingo 24 de novembro e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 15 deste mes.

As inscricións poden formalizarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou ben a través da sede electrónica municipal. O prezo por persoa da viaxe é de 40 euros e os interesados en obter máis información sobre a mesma poden chamar ao teléfono 986 33 94 04.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído