12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

Detidos 4 portugueses por agredir e secuestrar ao chofer que lles trouxo de marcha a Vigo

Os mozos foron arrestados no Porriño pola Policía Local da vila, que atopou ao condutor con golpes na cara e na testa

08 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O coche no que o conductor e os mozos viaxaron de Oporto a Vigo. / Foto: Policía Local do Porriño O coche no que o conductor e os mozos viaxaron de Oporto a Vigo. / Foto: Policía Local do Porriño

A Policía Local de O Porriño esclareceu un “caso de secuestro” a un chofer dun vehículo dunha empresa lusa de aluguer con condutor. Segundo informa o corpo municipal da vila, o home foi retido, presuntamente pola forza, por catro mozos tamén portugueses que viñan “de marcha” por varios días a Vigo e que foron arrestados a través dun control efectuado na rúa Antonio Palacios.

Previamente o vehículo de aluguer, un Seat León con matrícula do país veciño, fora avistado na Subida á Risca facendo unha manobra brusca, polo que se activou un operativo. Os policías que interceptaron o automóvil comprobaron que o condutor presentaba un hematoma no ollo dereito e un traumatismo cranial. Dentro do turismo había catro mozos, un deles menor de idade. 

O condutor recoñeceu entre bágoas que levara ós mozos desde Oporto ata Vigo o luns 5 e que cando lles manifestou o martes 6 que quería regresar a Portugal, impedíronllo con golpes. A súa declaración concorda cunha denuncia presentada en Portugal por detención ilegal desta persoa.

En consecuencia, os sospeitosos foron detidos, abríronse dilixencias e remitíronse ao xulgado baixo una acusación de detención ilegal. Tras comparecer perante o xuíz, quedaron en liberdade como investigados.  Pola súa banda, a vítima foi trasladada polos propios axentes ao centro de saúde para ser atendido das lesións que presentaba.

Dáse a circunstancia de que o esclarecemento deste caso de secuestro sobreviño cando a Policía Local despregaba o pasado luns una operación de “peche perimetral” ao recibir a noticia de que esa noite acababa de ter lugar un roubo con forza nunha casa dunha urbanización próxima.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído