22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

Salceda de Caselas acolle a cuarta proba das “DepoRutas BTT” da Deputación

Máis de 150 persoas participarán nesta actividade deportiva que, cun percorrido de 38 quilómetros, pasará por sendeiros a carón do río Tea ata chegar á vila de Ponteareas

18 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)

O concello de Salceda de Caselas acollerá este domingo a cuarta proba das “DepoRutas BTT” da Deputación de Pontevedra, na que están inscritas máis de 150 persoas. Deste xeito, ás 10:30 horas comezará un percorrido circular de 38 quilómetros por diferentes sendeiros da vila.

Máis polo miúdo, a DepoRuta BTT de Salceda de Caselas ten como punto de saída a Praza do concello, dende este lugar iniciarase a ruta cara ao río Tea, enlazando diferentes sendeiros ao carón do río ata chegar a Ponteareas. Posteriormente, no quilómetro 19 atópase o avituallamento e, a partir dese punto, comezará a parte máis exixente do percorrido de regreso cara o punto de partida.

Tras a cita de Salceda de Caselas, a seguinte e última DepoRuta BTT terá lugar o 27 de outubro en Cangas. Para esta proba o prazo de inscrición para as 300 prazas dispoñibles estará aberto ata o vindeiro 23 de outubro na web da Deputación de Pontevedra.

A institución provincial organiza este ano un total de cinco DepoRutas BTT, que saen dende Meis, Silleda, Nigrán, Salceda de Caselas e, a vindeira semana, Cangas. Esta iniciativa da institución provincial está estreitamente vinculada co turismo medioambiental, coa sustentabilidade e coa posta en valor do territorio, tanto da costa como do interior da provincia.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído