22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

Detido un veciño de Atios en pleno roubo nunha panadería do Porriño

É o segundo caso de similares características que esclarece a Policía Local da vila nas últimas semanas. En ambos os acusados contan con antecedentes

17 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Rúa na que está situada a panadería que foi vítima do roubo. / Imaxe: Google Maps Rúa na que está situada a panadería que foi vítima do roubo. / Imaxe: Google Maps

Axentes da Policía Local de O Porriño detiveron ao presunto autor dunha tentativa do roubo nunha panadería da vila, que tivo lugar esta semana. Os axentes sorprenderon ao individuo, veciño da parroquia de Atios e de 34 anos, instantes despois de rachar un cristal da porta de acceso ao establecemento. O arrestado, que saíra do cárcere recentemente e ten numerosos antecedentes, presentaba varios cortes con sangue nas dúas mans.

Dúas testemuñas ratificaron aos axentes a sospeita sobre o individuo, polo que os policías locais notificaron dos feitos á Garda Civil e puxeron ao detido a súa disposición xunto coas dilixencias.  

Trátase do segundo roubo de similares características que esclarece a Policía Local de Porriño nos últimos quince días. O domingo da Festa dos Callos, o pasado 29 de setembro, axentes detiveron a un mozo de 30 anos, tamén delincuente reincidente, pola presunta comisión dun delito contra o patrimonio, acusado de roubar nunha empresa da vila a plena luz do día.

O 092 recibira a alerta de que unha persoa rachara o cristal dunha fiestra para acceder a unha empresa situada no casco urbano. Coa descrición facilitada, a Policía Local dispuxo un operativo para cercar o presunto autor que fuxía polas vías do tren, sentido Vigo.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído