11112019Lun
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

Vense abaixo outra árbore no Parque do Cristo do Porriño

O exemplar, o quinto que cae nas últimas datas, estaba dentro dun recinto de xogos. O Concello precintou a zona para evitar riscos

14 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O tileiro que se caeu. / Foto: Concello do Porriño O tileiro que se caeu. / Foto: Concello do Porriño

Este luns ao mediodía caeu outra árbore do Parque do Cristo do Porriño que se atopaba afectada, ao igual que os catro anteriores, por problemas de podredumbre nas raíces. Tratase dun tileiro que tamén terá que ser tallado para evitar danos maiores. Este exemplar estaba dentro do recinto de xogos que fora restaurado hai dous anos e bateu contra outra árbore.

Polo perigo que supón, precintouse a zona mentres duren os traballos do servizo de Parques e Xardíns. O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, indicou que un enxeñeiro da firma de xardinería Adoa, que asesora ao Concello, “estaba avaliando o estado das demais árbores do Parque do Cristo”.

Nunha primeira apreciación “non descartamos que poida haber outros exemplares afectados e que por previsión debamos talar tamén”, engadiu o concelleiro. Moitas destas árbores son case centenarias e forman parte da paisaxe urbana da vila de O Porriño.

tilo porriño

Inicia sesión para enviar comentarios

ponteareas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído