18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 11am

A Deputación destina 175.000€ a axudas de emerxencia en 19 concellos

Carmela Silva destacou que esta liña de axudas ten como finalidade “dar apoio económico aos pequenos concellos para que poidan atender as demandas de urxente necesidade da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social”

05 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. / Foto: Deputación de Pontevedra A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. / Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este venres a aprobación, na Xunta de Goberno, da asignación para as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE) doutros 19 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, cunha contía de 175.400 euros.

Como recordou Silva, esta liña de axudas da institución provincial ten a finalidade de “dar apoio económico aos pequenos concellos para que poidan atender as demandas de urxente necesidade da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, cunha especial atención a aquelas persoas con menores ao seu cargo”.

Como explicou a presidenta, trátase de axudas que serven para cubrir gastos de alimentación, gastos da vivenda, pagamento de recibos, pagamento de produtos de hixiene e limpeza, de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos, pagamento de desprazamentos, pagamento de lentes ou audiófonos, pago de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio e axudas de apoio á infancia. “Polo tanto –como destacou Carmela Silva-, cobren as necesidades da cidadanía”.

Os 19 concellos que se beneficiarán desta nova asignación son Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Dozón, Gondomar, Moaña, Mondariz, Mos, Nigrán, O Porriño, Oia, Ponte Caldelas, Portas, Rodeiro, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa. Con esta nova aprobación, son xa 40 os municipios da provincia que teñen as axudas correspondentes a este ano concedidas, cun investimento que suma ata agora 356.900 euros.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído