17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Amazon iniciará "de inmediato" a selección de persoal para a súa nova nave no Porriño

Nun primeiro momento, a compañía contratará 40 persoas para o novo centro loxístico de Prado-Budiño, un cadro de persoal que se poderá aumentar en datas punta como Nadal, rebaixas ou o Black Friday

05 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(5 votos)
Reunión de representantes de Amazon, Manpower e o Concello do Porriño. / Foto: Concello do Porriño Reunión de representantes de Amazon, Manpower e o Concello do Porriño. / Foto: Concello do Porriño

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, mantivo este xoves unha reunión de traballo con Eva Pérez, representante de Amazon Logistics, e responsables de Manpower, firma que se encargará da selección de persoal que se iniciará "de inmediato" co gallo da inminente apertura do centro loxístico da multinacional no polígono industrial de Prado-Budiño, segundo informou o Concello.

A previsión é que Amazon arranque con 40 empregados nesa estación loxística pero ese cadro de persoal incrementarase nas datas punta como o Black Friday, campaña de Nadal ou as rebaixas de inverno.

“Explicáronnos como van facer a selección de persoal e que de inmediato publicarán a través dos medios indicando un enlace onde os interesados e interesadas deberán dirixirse para remitir o seu currículo. Aseguráronnos que será un proceso moi transparente baseado na valoración das capacidades e méritos de cada aspirante”, indicou Eva García.

O Concello de Porriño prestará as instalacións de Porremprego no Multiusos de Torneiros para a realización das entrevistas de traballo aos aspirantes cando Manpower inicie o proceso de selección.

Na reunión abordáronse tamén aspectos referidos á marcha das obras de reforma das instalacións que Amazon mercou. Trátase da antiga sede da firma Arcelor no polígono industrial de Prado-Budiño. Estase a remodelar unha nave preexistente de 1.927 metros cadrados construídos dentro dunha superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar. A intención da multinacional era abrir esta nova central loxística para o Noroeste de España este verán pero a previsión actual fixa a inauguración para finais de setembro ou principios de outubro.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído