14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 11am

O Porriño xa retirou preto dun cento de niños de velutinas este verán

Só este luns foron extraídos cinco enxames Cantoña, Pousadelas, Outeiro e Carracido

20 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Un dos niños retirados. / Foto: Concello do Porriño Un dos niños retirados. / Foto: Concello do Porriño

No que vai de verán, retiráronse no Porriño preto dun centenar de niños de velutinas tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias do termo municipal en coincidencia ca época estival.

Na última actuación, persoal do Grupo Etano e do Concello retiraron o luns cinco enxames cuxa presencia foi advertida polos veciños. Os niños atopábanse nos lugares de Cantoña, Pousadelas e Outeiro, na parroquia de Pontellas así como no barrio do Carracido. Estaban en árbores, nunha cheminea e no chan ó pé dun viñedo.

Segundo o grado de dificultade e altura tiveron que empregarse os tres sistemas que utilizan as brigadas é dicir pértega, disparo co inxección de veleno ou queima nos casos máis sinxelos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, explicou que están a atender semanalmente “unha media ducia de casos dende o 21 de xuño”.   

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído