08122019Dom
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 7pm

O Porriño acolle o Open Nacional DR19 de Carreras de Drones

Pilotos de referencia coma Iván Merino, actual líder do ranking español, e Alex Zamora, quen acadou o título de campión de España aos dez anos, estarán presentes da competición

08 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un dron. Un dron.

O Concello de Porriño albergará esta fin de semana o Open Nacional DR19 de Carreras de Drones, que se desenvolverá na pista de aeromodelismo en Pontellas. A organización do evento corre a cargo do club local de aeromodelismo Furaventos, que deste xeito revalida a súa condición de pioneiros nesta disciplina deportiva.

O Concello colabora coa aportación dunha carpa e de diversos subministros para a celebración da proba e atención ós participantes. A previsión do club Furaventos é que a competición reúna ós mellores pilotos nacionais de drons coma Iván Merino, actual líder do ranking español, e Alex Zamora, quen acadou o título de campión de España ós dez anos.

As probas comezarán o sábado a partires das 11.00 horas coas mangas cronometradas e concluirán o domingo coas eliminatorias e finais e a mediodía coa cerimonia de clausura.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído