07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

Inician as obras para instalar muros de contención na estrada O Porriño-Mosende

Os traballos na EP-2101 contan cun orzamento de cae 90.000 euros

05 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Traballos na estrada. / Foto: Deputación de Pontevedra Traballos na estrada. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras para a execución de muros de contención e reposición do firme na estrada provincial O Porriño-Mosende (EP-2401), nos tramos PQ 3+322 a 3+351 e PQ 4+165 ao 4+179, no concello do Porriño. A actuación foi adxudicada á empresa Construcciones, Obras e Vías S.L. cun orzamento de 87.896 euros.

Os traballos proxectados divídense en dúas actuacións. A primeira delas contempla o saneo e reposición de parte do firme da estrada EP 2401 e a execución dun tramo de beiravía de formigón paralela á mesma entre os PQ 3+322 e 3+351. Ademais, vaise corrixir a estabilidade do noiro recuando o eixo e a beiravía e dotando dunha berma na coroación do terraplén. Tamén se instalará unha varanda de seguridade para protexer aos usuarios da beiravía.

Pola súa banda, a segunda actuación consiste na execución de dous muros de contención entre os PQ 1+165 e 4+179, para solucionar os actuais problemas de inestabilidade de noiros. Así, as obras contemplan a reposición dos tramos de beiravía afectados polos desprendementos e a execución dunha cuneta revestida de formigón que protexa os noiros, dirixindo as augas ata o leito do rego Miñoteira ou Centeáns. Amais, tamén se reforzará a drenaxe da plataforma multiplicando a capacidade de drenaxe dun sumidoiro. 

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído