25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

A igrexa de Santa María, no Porriño, esperta con pintura rosa na fachada

O párroco da igrexa parroquial ubicada no centro da vila presentará denuncia ante a Garda Civil

18 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A policía investiga os danos sufridos na fachada da igrexa de Santa María, no Porriño. Foto: Concello do Porriño. A policía investiga os danos sufridos na fachada da igrexa de Santa María, no Porriño. Foto: Concello do Porriño.

A fachada principal da igrexa de Santa María amenceu manchada con pintura de cor rosa. A policía está a investigar os feitos.

O Concello de Porriño comunicou na mañá deste xoves á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e tamén á Diócese de Tui-Vigo, os danos sufridos na fachada principal da Igrexa de Santa María da Concepción que apareceu hoxe con pintura de cor rosa.

Segundo informou o concello do Porriño, o párroco da igrexa parroquial, ubicada no centro da vila, ten previsto presentar denuncia ante a Garda Civil.

O atestado da Policía Local de Porriño indica que na mañá deste xoves (ás 8,19 h) recibiuse aviso do feito que se supón que acontecera de madrugada.

O parte policial tamén sinala que se comprobou que se trata de pintura supostamente botada con algún tipo de envase. Como se aprecia nas imaxes, o tramo danado é a parte dereita da fachada.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído