23072019Mar
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 10am

elecciones municipales

Alfonso Rueda felicita aos 24 alcaldes do PP na provincia

“Somos un partido de goberno. Alí onde nos toca ter responsabilidades imos facer todo o posible para que os concellos sigan progresando”, sinala o presidente provincial dos "populares"

15 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Alfonso Rueda y Alberto Núñez Feijóo. / Foto: Xunta Alfonso Rueda y Alberto Núñez Feijóo. / Foto: Xunta

O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, felicitou este sábado aos 24 rexedores e aos 364 concelleiros que converteron ao PP no partido con máis alcaldías e edís da provincia. “Somos un partido de goberno. Alí onde nos toca ter responsabilidades imos facer todo o posible para que os concellos sigan progresando”, sinalou Rueda.

O Partido Popular é tamén a formación que ten máis maiorías absolutas, 22, fronte ás 10 do Partido Socialista. Son as de Sanxenxo, A Estrada, Marín, Vilanova de Arousa, Lalín, Rodeiro, Dozón, Covelo, Mondariz Balneario, Crecente, Arbo, Salvaterra de Miño, Valga, Moraña, Portas, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Soutomaior, Mos, Oia e Pazos de Borbén.

A esas 22 maiorías absolutas suma os pactos de goberno en Pontecesures e o goberno en minoría de Meaño. “Traballaremos arreo en todos estes municipios, e alí onde nos toca estar na oposición, en moitos casos porque se xuntaron os perdedores, vaise traballar se cadra con máis forza”, sinalou Rueda.

O presidente provincial asistiu esta mañá á constitución do Concello de Lalín, onde Xosé Crespo recuperou a Alcaldía para o Partido Popular. “Crespo é un exemplo de superación. De feito, pode servir de exemplo para moitos candidatos e candidatas do Partido Popular que aínda gañando as eleccións van estar catro anos na oposición. Crespo é a demostración de que se pode volver gobernar a pesar de non conseguir a alcaldía”.

Medios

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído